Skip to main content

A Semana Santa de Viveiro promove a mostra "Eles tamén foron"

Na sala de exposicións da Casa Consistorial de Viveiro exhíbese entre o 28 de marzo e o 28 de abril a exposición titualda "Eles tamén foron. La santidad laical en el arte cristiano", promovida pola Semana Santa de Viveiro como complemento ás actividades da que está declarada Festa de Interese Turístico.

A Xunta de Cofradías e o Arciprestazgo de Viveiro organizan esta mostra que foi inaugurada polo bispo Manuel Sánchez Monge, na que se recollen as historias de santos laicos como Santa María Magdalena, San Luis, San Pantaleón, Santa Lucía, San Sebastián, Santa Catalina de Alejandría ou Santa Eulalia.

Máis información en: http://semanasanta.galiciadigital.com/
Semana Santa de Viveiro