Exposicións e actividades interactivas na Coruña, nos Días Europeos da Artesanía
A Consellería de Economía e Industria, na súa aposta pola posta en valor do produto artesán galego, presentou esta tarde xunto co Concello da Coruña as distintas actividades de promoción e formación que se celebrarán na cidade con motivo dos Días Europeos da Artesanía.
No marco deste evento, que a nivel nacional promove a Fundación Española para a Innovación da Artesanía, Economía e Industria apoia a celebración de iniciativas na cidade como a exposición de encadernación Encadernando e a celebración de talleres de artesanía no Centro Cultural Ágora, así como a mostra Acción Arte San, no obelisco coruñés.
A directora xeral de Comercio, Nava Castro, foi esta tarde a encargada de inaugurar no centro cultural Ágora a exposición Encadernando, organizada pola Consellería de Economía e Industria, a través da Fundación Centro Galego da Artesanía e do Deseño, en colaboración coa Asociación Galega de Encadernación de Arte (AGEA).
Tal e como sinalou Castro, a mostra, que se poderá ver ata o 14 de abril, “representa a grande diversidade existente na encadernación en Galicia, coa que queremos amosarlle á sociedade que un libro pode ir máis alá da literatura e converterse nunha peza de grande beleza estética, persoal e única”. Trátase dunha escolma de pezas e de creadores composta por 28 pezas elaboradas por 8 artesáns que comercializan a súa obra baixo a marca de referencia Artesanía de Galicia, regulada pola Xunta.
Esta exposición compleméntase coa celebración dos Talleres do Ágora, Oficios en Acción, nos que tamén colabora a Consellería. Esta acción didáctica e divulgativa de carácter interactivo permitirá ao público achegarse mañá e o domingo a artesanías como a ourivaría, a olería, a cerámica, a encadernación, o vidro, os instrumentos musicais, o vidro enchumbado, o tapiz ou téxtiles contemporáneos.
Ademais destas actividades no Ágora, A Coruña acolle tamén unha exposición de produtos artesanais en pleno centro que conta tamén co apoio da Consellería de Economía e Industria. Así, no Obelisco celébrase desde esta tarde e ata o martes Acción Arte San, coa que se saca á rúa o traballo dos artesáns e se divulgan os valores do traballo artesanal.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia