Skip to main content

Arranca a Semana Santa de Lugo

A delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, recibiu aos responsables da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, cos que mantivo unha reunión na que abordaron distintas vías de colaboración para o mantemento e a difusión desta celebración.

No encontro a representante autonómica transmitiu a disposición do Executivo galego a colaborar no desenvolvemento das actividades da Xunta de Confrarías da Semana Santa de Lugo, que realiza unha tarefa “de promoción de Lugo, en distintos ámbitos”.

A delegada territorial aludiu “ao compoñente cultural e social, non só relixioso, que comporta a Semana Santa lucense, na que as once procesións que se celebran aglutinan o sentir dos cristiáns e proxecta tamén ao exterior unha imaxe positiva da cultura e da cidade de Lugo”.

Así mesmo, Arias tamén destacou “o importante esforzo” que realizan durante meses os membros das distintas confrarías “para manter plena de vixencia a tradición da paixón cristiá”.

Na xuntanza con Arias estiveron presentes o vicecoordinador da Xunta de Confrarías, Ángel Díaz; a secretaria da mesma, Isabel Lagares, e mailo tesoureiro do colectivo, Benigno Gómez Abel. Asistiron ademais José Luís Cancela, irmán maior da Confraría do Cristo do Perdón e a Virxe da Piedade, e Manuel María Martínez, viceirmán maior da Confraría do Desencravo. Así mesmo, no encontro participou tamén o parlamentario autonómico Jaime Castiñeira.

A Xunta de Confrarías de Semana Santa de Lugo é unha asociación pública de fieis dentro da Igrexa Católica que actúa para promover a coordinación, a representatividade e a participación das distintas confrarías coas que conta esta celebración na capital lucense.

Ademais de procurar a conxunción de todos os actos das irmandades, A Xunta de Confrarías coida o carácter relixioso dos desfiles procesionais á vez que fomenta o seu esplendor, programando actividades tanto relixiosas como culturais e colaborando activamente noutras celebracións como o Corpus Christi.

Nota de prensa do Obispado de Lugo:

El 30 de marzo, a las 20.30 h, se celebrará el Vía Crucis por la Nueva Evangelización.

Unas 30 mujeres portarán en andas el paso del Cristo de la Misericordia, que se venera en la Iglesia de Santiago “A Nova”.

Comenzará en el Convento de los Franciscanos, plaza de Santa María (1º estación), Bo Xesús y por dentro de la Catedral. Salida de la Catedral por Pío XII, rúa dos Cregos y plaza de Santa María, finalizando delante del Obispado.

El Domingo (1 de abril) se celebrará en la plaza de Santa María la Bendición de Ramos a las 11.30h.

A continuación tendrá lugar la procesión de la Entrada Triunfal de Jesús en Jerusalén y, al finalizar, se celebrará la Eucaristía en la Catedral que estará presidida por el Obispo de la Diócesis, Mons. Alfonso Carrasco Rouco.
Gabinete de Comunicación da Delegación Territorial da Xunta de Galicia en Lugo