Preséntanse en Galiciencia un chicle que alimenta e un semáforo intelixente
Un chicle que alimenta formulado por estudantes de Ourense; un coche eléctrico completo e un semáforo intelixente que favorece aos peóns cando chove deseñado por alumnos de Santiago de Compostela; unha cociña solar low cost para países subdesenvolvidos construída por rapaces de Vigo; e un identificador de matrículas de coches de última xeración creado por estudantes de Lugo. Estes son só algúns dos 50 enxeños e proxectos de investigación procedentes das catro provincias galegas que os estudantes de Secundaria e FP participantes na ‘Galiciencia’ comezaron a mostrar hoxe ao público desde os seus stands na Tecnópole - Parque Tecnolóxico de Galicia (Ourense).
Arredor de 2.200 escolares visitan entre o vindeiro venres a maior feira científica de Galicia, aos que se suman os asistentes que se achegan pola súa conta, principalmente familias en horario de tarde, dado que o evento é de entrada libre.
A maior feira científica de Galicia é unha das 20 actividades de referencia da Semana da Ciencia en España segundo a Fundación Española para la Ciencia y la Tecnología (FECYT), patrocinadora do evento xunto coa Consellería de Economía e Industria.
En total están sendo expostos 20 proxectos da provincia de Pontevedra (17 de Vigo e outros tres de e Cangas do Morrazo e Ponteareas), 16 de varias localidades de Ourense (Cea e Pereiro de Aguiar, ademais da capital), 8 da provincia da Coruña (Santiago, Ferrol e Narón), 4 de Lugo (capital e Ribadeo) e 2 de Barcelona. Entre eles figuran varios realizados polos equipos participantes nas Aulas Tecnópole, un proxecto piloto de adestramento en habilidades innovadoras promovido polo Parque Tecnolóxico de Galicia.
Xunto cos enxeños, que inclúen tamén un simulador de tornados e unha bolsa térmica con illantes naturais (arroz, cacahuetes, etc.), preséntanse multitude de estudos e proxectos científicos sobre áreas de coñecemento moi variadas.
A alimentación é un dos temas estrela este ano. Alumnos de Ourense realizaron un estudo sobre os aditivos alimentarios e buscaron fórmulas para substituír os químicos por outros máis naturais, coa proposta de usar o extracto de remolacha como substituto do colorante vermello E-122. Outro equipo de estudantes viguesas confirmou mediante varios experimentos que a recomendación de lavar a froita antes de comela é non só necesaria, senón máis importante do que podemos pensar.
A proposta de sistemas enerxéticos máis sostibles e ecolóxicos volveu ser o tema central de varios dos proxectos. Ao sistema de vivenda bioclimática desenvolvido por alumnos de Narón (A Coruña) súmanse o climatizador de baixo custo enerxético de estudantes ourensáns e un biorreactor para cultivo de microalgas e produción de biodiésel dun dos equipos de Vigo.
A busca de solucións para problemas moi preocupantes coma a recuperación dos solos queimados nos incendios ou a sequía concentran as propostas de varios equipos. Ademais dun desalinizador solar de auga, preséntase un interesante experimento sobre a utilidade dalgúns minerais capaces de almacenar substancias nutritivas para as plantas en cultivos de zonas áridas. Estudantes das Aulas Tecnópole buscaron un método para acelerar a recuperación de solos queimados.
A conciencia solidaria dos participantes queda clara tamén a través de proxectos coma o do quentador solar de auga ou outros dous relativos á construción de cociñas e fornos solares, pensados por estudantes de Vigo e de Narón (A Coruña) para ofrecer solucións enerxéticas de baixo custo aos habitantes de países subdesenvolvidos.
A investigación sociolóxica ten tamén o seu oco na ‘Galiciencia’. Un dos equipos de Barcelona reflexiona sobre a agresividade e outro das Aulas Tecnópole sacaron conclusións sobre a distribución de redes wifi nunha poboación.
Ademais, a Fundación Barrié participa cun stand propio no espazo da feira, organiza o ‘Gran xogo da ciencia’ e ofrecerá unha charla para que os docentes coñezan a canle ‘educaBarrié’.
Conmemoración do 20 aniversario
Este ano a Tecnópole celebra o seu 20 aniversario e, para celebrar a ocasión, está a entregar gratuitamente un exemplar do libro “Dos quarks á proxima extincion. Unha viaxe fascinante pola historia do Universo e a vida” a todos os participantes e visitantes da ‘Galiciencia’. A obra, editada pola Xunta de Galicia, foi presentada esta mañá polo seu autor, Pedro José Cascajosa, e o seu editor científico, Xurxo Mariño. Trátase dun apaixonante relato que pretende dar resposta a unha das grandes cuestións asociadas á nosa existencia: de onde vimos e a onde imos?
Arrancaron tamén todas as actividades paralelas á exposición de proxectos, que inclúen un taller conmemorativo do Ano Internacional da Enerxía Sustentable para Todos; e outro sobre a figura do químico Antonio Casares, homenaxeado este ano no Día do Científico Galego. Tamén se imparte un obradoiro dedicado ao cerebro e outro sobre a relación entre o cine e a ciencia. As actividades complétanse cun planetario móbil e un taller de xornalismo científico que terá como resultado a edición da revista oficial da ‘Galiciencia’.

Gabinete de Comunicación de Tecnópole