Turismo de Galicia participa en Dublín na Feira Holiday World Show
O Xacobeo, dependente da Secretaría Xeral para o Turismo da Xunta de Galicia, representa ao destino Galicia na 24ª edición da feira de turismo Holiday World Show que abriu as súas portas en Dublín, no recinto RDS Simmonscourt. A feira está dirixida a profesionais e a público en xeral e está organizada pola empresa irlandesa Business Exhibition Ltd. e a Asociación Irlandesa de Axentes de Viaxe (ITAA). Na súa anterior edición de 2012, rexistráronse máis de 50.000 visitantes, 1.500 deles profesionais e 700 expositores de 70 países diferentes.
O Xacobeo acode a este certame por quinta vez consecutiva. Irá con mostrador propio dentro do stand de España xunto con outras Comunidades Autónomas e a Oficina de Turismo de España en Dublín. Ademais da información personalizada que se proporcionará aos interesados e a específica das rutas xacobeas, darase información turística de toda Galicia en xeral.
A feira Holiday World Show está enfocada como Over 55,s Show, é dicir especializada no turismo para maiores de 55 anos. Consta de dous pavillóns, un dedicado aos destinos, axencias, turoperadores, etc., e outro ao sector do caravaning.
A Feira organízase dividida por destinos e especialidades: Turismo en Irlanda; África e Oriente Medio; Europa e o Mediterráneo; Caribe; As Américas; Asia e o Pacífico; Cruceiros e Ferries; Aventura e Viaxes e, por último, Caravaning. Como participantes irán operadores turísticos que venden os Camiños de Santiago, como Follow The Camino, J. Barter Travel ou Map Travel.
Dentro do marco da Feira están previstos diferentes eventos. Entre eles, presentacións de destinos, entrega de premios da Feira ou a cea Travel Extra, patrocinada pola Oficina de Turismo de España en Dublín.
Un mercado importante
Segundo a Oficina do Peregrino da Catedral de Santiago, un total de 3.844 irlandeses obtiveron a certificación oficial Compostela no 2012; no 2011 o fixeron 2.677 e no Ano Santo de 2010 viñeron 2.296. Estas cifras supuxeron que Irlanda ocupara durante estes tres anos o sétimo lugar neste ranking.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia