A Mostra da Oportunidade supera un ano máis as expectativas dos expositores

Facendo un percorrido pola Mostra na xornada de hoxe podíanse atopar xa numerosos carteis de “Vendido” en estufas, sofás, alfombras e tamén en automóviles, xa que os concesionarios presentes nesta edición pecharon varias vendas de vehículos. Destacou a ampla oferta de estufas e sistemas de calefacción, cuxos expositores contaron cunha importante afluencia de público. Outros artigos de menor tamaño e importe como os puffs, os colchóns ou as alfombras tamén rexistraron bos niveis de venda, ó igual que os electrodomésticos que presentaban ofertas especiais de feira de ata o 50%. Por outro lado, o téxtil volveu ser o sector máis solicitado polos visitantes que non deixaron pasar a oportunidade de mercar prendas de pel, abrigo, calzado ou festa con descontos de ata o 70%.
Todos que se decidiron á visitar a Mostra da Oportunidade pudieron atopar unha ampla oferta de máis dunha quincena de sectores sendo a maior parte dos expositores ourensáns, polo que esta cita se converte ademais nun dinamizador do comercio local grazas tamén a presenza de distintos centros comerciais como o de Ourense Centro, o Couto, Pontevella, e os de Verín, Xinzo e O Barco de Valdeorras, ademais do de Allariz que acudiu por primeira vez.
Un pouco antes do peche desta 20ª edición realizaranse os sorteos de numerosos premios. A Mostra quere premiar a fidelidade dos seus visitantes e sorteará artigos de fogar e complementos, ademais dun cheque de 100 euros para mercar nos establecementos asociados ó Centro Comercial Couto que expoñen na feira, un pack “Vive Ourense- One Day Elite Duo” cortesía do Centro Comercial Aberto Ourense Centro. Tamén se sorteará unha estancia para dúas persoas no Parador dos Reis Católicos e 15 subscrcións dun mes ó xornal La Región. Ademais, sortearanse varias ceas para dúas persoas para Xantar, o Salón Galego de Gastronomía e Turismo, que Expourense acolle entre os días 6 e 10 de marzo. Vencellado con isto e como unha das novidades desta edición, con cada entrada de acceso á Mostra (custo de 1 euro), a organización entregou unha invitación para
O balance da 20ª edición poderíase resumir así: maior calidade dos produtos ofrecidos, fidelidade do público, expectativas dos expositores superadas e o sector con máis éxito, o téxtil.
Expourense conclúe así a súa primeira cita do ano coa vista posta xa en Xantar, Salón Galego de Gastronomía e Turismo que celebrará s úa 14ª edición entre o 6 e o 10 de marzo de 2013.
Gabinete de Comunicación de Expourense