Galicia promociónase como destino en Reisen 2013
A Xunta de Galicia, a través de Turgalicia, da Secretaría Xeral para o Turismo, promociona para o mercado alemán os recursos e servizos do Turismo galego na feira especializada Reisen 2013, que se celebrará ata o vindeiro domingo na cidade de Hamburgo.
Trátase dun certame destinado especialmente ao campismo, ao caravaning e aos deportes de contacto coa natureza. Turismo de Galicia acude por primeira vez a este evento para promocionar os valores turísticos relacionados coa natureza que se poden vivir en Galicia, entre eles experiencias turísticas como as recompiladas no produto Cabeceira de Marca Bosques de Galicia ou no produto que combina natureza, turismo rural e Camiño de Santiago, o Bono Iacobus.
Nesta edición, a oferta galega mostrarase a través dun módulo dentro do stand de España, coordinado pola Oficina de Turismo de España en Frankfurt.
Campismo en Galicia
Entre outros aspectos turísticos, Turgalicia promocionará a rede de acampamentos turísticos galegos, que, con máis de 100 establecementos e ofrece máis de 30.000 prazas de todas as categorías.
Por outra parte, tamén se fará fincapé nas posibilidades da Comunidade galega para a prática do turismo activo, e o os deportes de contacto coa natureza, así como as posibilidades que ofrece o territorio galego no eido do turismo de natureza.
Mercado alemán
Segundo a Enquisa de Destino 2011 elaborada polo Instituto de Estudos Turísticos de Galicia, o 9,5% dos turistas que visitaron Galicia nesa anualidade procedían de Alemaña. Segundo os datos do Instituto Nacional de Estadística, un total de 108.698 viaxeiros alemáns visitaron a nosa comunidade no ano 2011 e aloxáronse nos establecementos regrados de Galicia.
Alemaña é o segundo mercado estranxeiro máis importante de Galicia por detrás de Portugal. Supón o 13,5% do turismo internacional, segundo o INE, en 2011.
O Camiño de Santiago ten gran pulo en Alemaña e son moitos os xermanos que se animan a vivir a experiencia de percorrer a Ruta Xacobea. Segundo os datos da Oficina de Acollida ao Peregrino de Santiago de Compostela, o ano pasado chegaron á rúa do Vilar a recoller a compostela un total de 15620 peregrinos procedentes de Alemaña, o que supón o 8,11% do total.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia