Turismo colabora con Baiona na Festa da Arribada da Carabela Pinta
O sábado, día 2 de marzo, ás dez da mañá, os canóns da Fortaleza de Baiona anunciarán o comezo da Arribada. A vila de Baiona vive a súa máis importante cita festiva do ano. A directora da Axencia de Turismo de Galicia, Nava Castro e mais o rexedor municipal do Concello de Baiona veñen de asinar un convenio de colaboración entre ambas administracións para a celebración da Festa da Arribada da Carabela Pinta 2013.
Un mercado medieval, concertos, representacións teatrais, espectáculos de cetrería e a recreación da época dos descubrimentos converten a Baiona nun dos centros neurálxicos das citas festivas desta fin de semana en Galicia. Agárdase que máis de duascentas mil persoas se acheguen á vila pontevedresa.
Turismo de Galicia apoia esta celebración por considerar este evento como un dos elementos esenciais para o desenvolvemento turístico da comunidade. A categoría e relevancia acadada por esta festa fai que a súa celebración acade unha incidencia directa no que atinxe á divulgación da oferta turística galega, vinculada aos recursos turísticos da zona e impulsando a mellora económica do sector.
A Festa da Arribada da Carabela Pinta a Baiona é un evento de carácter singular e de prestixio, que recrea un feito histórico cuxa celebración implica unha labor de continuidade no campo da promoción e difusión do turismo.
A orixe da festa
A orixe histórica desta festa data do ano 1943, cando o un de marzo Martín Alonso Pinzón arribou a Baiona e dende alí enviou a noticia do descubrimento de América aos Reis Católicos. A tradición sinala que dende esa data celebráronse na vila multitude de actos conmemorativos do feito transcendental da arribada da Carabela Pinta, o que fixo de Baiona o primeiro porto do vello continente en coñecer a noticia do Descubrimento. Unha acta de 1892 acredita os actos celebrados na vila con motivo do IV Centenario.
Nos actos conmemorativos inclúense ofrendas florais, concesión de medallas e distintivos a persoas e institucións destacadas, así como toda clase de actuacións relativas ao mercado medieval, rematando coa escenificación teatral da Arribada da Carabela Pinta á praia.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia