Xantar 2013 mantén a cifra de máis de 20.000 visitantes
Xantar pecha as portas da súa decimocuarta edición logo de cinco días de intensa actividade durante os que os profesionais do sector e o público xeral volveron mostrar a súa fidelidade con esta cita conseguindo que o salón manteña o seu número de visitantes, máis de 20.000, e aumente a cifra de comidas e ceas ofrecidas polos 19 restaurantes, superando as 17.600.
O conselleiro de Educacuón e Cultura, Jesús Vázquez, presidiu esta mañá a clausura oficial do salón no día adicado aos patrocinadores e colaboradores de Xantar, á rexión de Dao-Lafoes, á provincia da Coruña e aos concellos de A Veiga, Melide, Palas de Rei e Sober. O conselleiro indicou que este salón acolle aos profesionais máis destacados dda hostalería galega que co seu traballo e aposta innovadora “lle dan luz nova á nosa gastronomía”. Tamén agradeceu a colaboración dos distintos centros de Formación profesional vencellados co Turismo e a hostalería que participaron activamente no salón e que serán “os grandes profesionais que aínda lle darán máis zona á nosa cociña”. O conselleiro estivo acompañado, entre outros, polo presidente do comité exectivo de Expourense, Celso Barbosa, polo alcalde de Ourense, Agustín Fernández, e polo deputado de Turismo da Coruña, Antonio Cañás.
Durante este acto foron entregadas ademais os premios da primeira edición do Concurso Prato Xantar ao que foron presentadas 22 receitas e cuxos 8 finalistas elaboraron o seu prato en directo no salón. O gañador foi o equipo formado por Irene Mato e Javier García, de Silleda, coa receita “Troita rechea sobre tosta de pan de castañas acompañada de crema de queixo, crocante de Lacón e escuma de grelos”.
As máis de 150 actividades do programa, cunha media de dúas por hora de duración do salón, foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na meirande profesionais do sector. Este programa incluíu exhibicións de cociña en directo, 25 en total, impartidas por algúns dos mellores cociñeiros galegos, das rexións convidadas e de Perú. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionais foron as máis de 30 catas comentadas catas comentadas de produtos como o viño, o queixo, o mel, o auga, o aceite ou dos produtos adscritos a Galicia Calidade ou dos produtos de Coren. A estas actividades hai que engadir as continuas degustacións ofrecidas polos expositores.
Estas foron as actividades que rexistraron maior participación entre os visitantes de Xantar que, ademais de achegarse ata Expourense a comer ou cear, aproveitaron para probar novos sabores e texturas, para aprender a preparar distintos pratos ou para coñecer novas posibilidades culinarias dos produtos recoñecidos con Denominación de Orixe ou cunha Indicación Xeográfica Protexida e que protagonizaron os obradoiros organizados pola Consellería de Medio Rural e do Mar.
Dentro das actividades celebradas hoxe destaca o obradoiro “Pulpos auriensis, homenaxe gastronómica á provincia de Ourense” impartido polo chef Flavio Morganti coa colaboración de Luis Paadin, presidente da Asociación Galega de Catadores, do CRDO Ribeiro e de Aceites Abril. Tamén houbo degustacións como a do Galo de Curral de Vila de Cruces, queixo de Palas de Rei e melindres de Melide.
Día da cooperación transfronteiriza e iberoamericana
Esta edición de Xantar serviu para estreitar aínda máis as relacións co veciño Portugal, grazas á importante presenza tanto de expositores como de visitantes lusos. Todo un exemplo de cooperación transfronteiriza e de fomento do turismo de proximidade coa gastronomía como principal motivación. Pero Xantar 2013 tivo un gran protagonista, Perú, unha das gastronomías máis valoradas a nivel mundial. Perú participou como país convidado establecendo novas redes de cooperación iberoamericana baseadas nas boas relacións que Expourense mantén co Ministerio de Comercio Exterior e Turismo deste país e que se viron reforzadas durante esta edición do salón gastronómico.
Xantar converteuse nesta edición nun dinamizador do turismo interno de Galicia. A creación do paquete tren posiciona a Ourense como destino de proximidade para gozar dunha xornada ou dunha fin de semana atraendo a visitantes das cidades de A Coruña e Santiago de Compostela que acoden no tren AVANT.
Así remata unha edición que cumpriu cos obxectivos e as expectativas da organización e dos expositores. A vindeira cita de Expourense terá lugar entre o 24 e 25 de abril cando se celebre a 8ª edición da Previsel, Salón da Prevención e Seguridade Laboral.

Silvia Pardo (Coordinadora de Comunicación de Expourense)