O sector editorial galego participa na Feira Internacional de Frankfurt (Alemaña)
O sector editorial galego participa na Feira Internacional do Libro de Frankfurt co apoio da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, a través da Secretaría Xeral de Cultura. Ata o 13 de outubro, a feira da industria do libro máis importante do mundo contará cun stand de Galicia, en colaboración coa Asociación Galega de Editores (AGE), no que diversas editoriais galegas, entre elas OQO editora, Baía Edicións, Hércules de Ediciones, Kalandraka e Novagalicia Edicións, amosan a súa produción máis recente.
Ademais de daren a coñecer o seu traballo, profesionais da industria editorial duns 100 países de todo o mundo teñen nesta feira unha oportunidade para favorecer a comercialización dos seus produtos, así como tamén para propiciar novos proxectos e negocios a nivel internacional.
Son arredor de 7.000 expositores duns 100 países os que participan estes días na Feira do Libro de Frankfurt, que este ano ten a Brasil como convidado especial. Escritores, editores, impresores e distribuidores de libros acoden a este evento cultural, que acolle tamén a celebración de encontros e mesas redondas sobre diversos temas de interese para os profesionais que acoden a esta cita.
Galicia, nas principais feiras internacionais do libro
Ademais de apoiar a presenza das editoriais galegas nas feiras de Boloña, o pasado mes de marzo; de Bos Aires, en abril; e de Guadalaxara (México), o próximo mes de novembro, este ano, a Consellería de Cultura e Educación ampliou a participación de Galicia nas feiras internacionais do libro con respecto a 2012, coa asistencia á Feira Internacional de Frankfurt.
Coa presenza de Galicia nas citas esenciais para o sector editorial o obxectivo da Consellería é impulsar a competitividade da literatura galega no mercado internacional, de apoiar os creadores e de fomentar a innovación á hora de editar, distribuír e promover o libro e a literatura galega no exterior.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia