Unhas 7.000 persoas visitaron a mostra San Francisco e o Belén
A mostra ´San Francisco e o Belén´ foi inaugurada o 20 de decembro pola directora de Turismo de Galicia, Mª Nava Castro. O acto tamén contou coa presenza do deán da Catedral, Segundo Pérez e dun representante da cidade italiana de Rieti, Diego di Paolo.
Desde a súa apertura, arredor de 7.000 persoas acercáronse ata o convento franciscano, as Tullas de San Martiño Pinario e a capela do Pilar da Catedral de Santiago de Compostela para admirar esta mostra.
Ata o momento, as obras que máis interesan aos visitantes na sede da catedral son a ´Virxe do Leito´ de Luisa Roldán e a escena de marfil coñecida como ´Natividade e Cordeiro Místico´ do século XVII. Os que se achegaron ata San Martiño Pinario destacan o Belén Olaguer, que é un conxunto de figuras de finais do século XVIII procedente da Colección Pérez Olaguer do Museo Nacional de Escultura de Valladolid. E na igrexa de San Francisco, os retablos de Arturo Baltar chaman a atención polo carácter tradicional das súas escenas.
En total, amósanse pezas de grande importancia histórica e artística que datan desde a época medieval ata o mundo contemporáneo. A exposición reúne escenas do nacemento de Xesús procedentes de países como Portugal, Italia, España ou Austria e acolle pezas de artistas como Guido Reni ou Arturo Baltar.
Esta mostra, que poderá visitarse de balde ata o vindeiro día 2 de febreiro, está promovida pola Xunta de Galicia a través de Turismo de Galicia e enmárcase nas actividades conmemorativas do VIII Centenario da Peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.
San Francisco iniciou a reprodución dos nacementos entre os anos 1200 e 1226. A inspiración para realizar esta representación tivo lugar durante a súa oración na ermida de Greccio. O primeiro Belén vivinte da historia representouse nesta cidade italiana e constituíu un episodio de gran relevancia na vida do santo de Asís.
Con este feito, San Francisco marcaba o inicio dunha tradición que rapidamente se foi estendendo por todo o mundo e que aínda hoxe se mantén como un dos costumes con forte arraigamento popular nos países de cultura católica.
Galicia recolle esta tradición belenística con diferentes mostras diseminadas polas catro provincias, entre as que sobresae o belén artesanal en movemento de Valga, que conta desde este ano coa declaración de Festa de Interese Turístico de Galicia. Ademais na provincia da Coruña destaca, na cidade herculina, o belén da Grande Obra de Atocha inaugurado por primeira vez en 1923; en Betanzos, o belén do Liceo que conta con arredor de 600 pezas e figuras en movemento ou en Ferrol, o belén da Orde Terceira, que presenta un enorme portal con máis de 200 figuras tamén en movemento. Na provincia lucense é salientable o belén de Begonte creado en 1972 e o de Viveiro a escala natural. E na provincia do interior é un clásico o belén do escultor Arturo Baltar, realizado con figuras de barro cocido e policromado e que tamén forma parte desta exposición.
Belén Tradicional
Así mesmo, Turismo de Galicia instalou na catedral de Santiago un belén tradicional de 13 m2, que amplía a oferta belenística da nosa comunidade autónoma. Está é a primeira vez que a basílica de Santiago acolle a escena do nacemento do neno Xesús.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia