8 empresas audiovisuais galegas participan no MIPTV de Cannes co apoio de Agadic
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove a presenza do audiovisual galego na 51ª edición do MIPTV de Cannes, unha das principais citas internacionais do sector canto á produción e comercialización de todo tipo de formatos, programas e servizos para televisión, que se desenvolve ata o xoves 10 de abril na cidade francesa.
As empresas galegas buscarán oportunidades de negocio neste encontro, centrado este ano no mundo dixital e nos novos formatos máis interactivos. En Cannes reúnense estes días 11.000 participantes procedentes de 1.588 firmas, dos que 1.600 son compañías e 4.000 figuran acreditados como compradores de contidos.
Bambú Producciones, Ficción Producciones, Filmanova, Formato Producciones, Maruxiña Films Company, Portocabo, Tree Line Distribution e Zenit TV asisten a este mercado baixo a marca Audiovisual from Spain, desenvolvida polo Instituto de Comercio Exterior (ICEX) e en colaboración, para o caso de Galicia, coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) no marco do convenio que se mantén co IGAPE (Instituto Galego de Promoción Económica).
Tamén están representados nesta plataforma –que se visualiza cun pavillón destacado no espazo expositivo do MIPTV– a Federación de Asociacións de Produtores Españoles (FAPAE) e outros organismos autonómicos de toda España, entre eles Televisión de Galicia.
O pavillón acolle unhas 30 empresas e institucións nacionais e sirve tamén como punto de encontro e lugar de reunións de todos os profesionais españois rexistrados neste mercado.
Promoción continuada
A participación de compañías e profesionais galegos sitúase dentro da acción continuada para a internacionalización do sector audiovisual que se está a desenvolver desde a Xunta de Galicia. Nese mesmo marco, a Agadic e o Clúster Galego do Audiovisual manteñen aberto na actualidade o prazo de inscrición de compañías para participar no seguinte encontro importante do circuíto internacional centrado no sector: o Marché du Film, que tamén se celebrará en Cannes entre os días 14 e 23 de maio.
Entre as actividades de difusión no marco deste multitudinario evento, a Agadic está a distribuír o catálogo ‘Films from Galicia 2013-14’ que recolle a produción galega máis recente canto a longametraxes de ficción, documentais e de animación, así como a última produción de programas para televisión. Atópase tamén entre os materiais promocionais do audiovisual galego a publicación ‘Ways to Film’, destinada a promover Galicia como escenario de rodaxes cinematográficas.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia