Skip to main content

Edugal, punto de encontro entre docentes, alumnos e empresas de Galicia

A Consellería de Cultura e Educación destaca o Edugal como punto de encontro e de información entre docentes, alumnos e empresas

O director xeral de Centros e Recursos Humanos, José Manuel Pinal, participou na inauguración do IV Salón da Educación e da Formación en Galicia
Volver
ReadSpeaker

O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, participou esta mañá na inauguración do IV Salón da Educación e a Formación en Galicia

Pontevedra, 25 de febreiro de 2015.- O director xeral de Centros e Recursos Humanos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, José Manuel Pinal, participou esta mañá na inauguración do IV Salón da Educación e a Formación en Galicia, Edugal, que se articula como un punto de encontro e de intercambio de información para docentes, alumnos, empresas, centros de formación e institucións educativas en torno ao mundo do ensino e o futuro profesional.

Na súa intervención, o director xeral de Centros asegurou que EDUGAL se consolida como unha cita obrigada para o alumnado que remata a ESO e se atopa na encrucillada de escoller un FP de grao medio ou o Bacharelato, ou ben que ao finalizar o Bacharelato opta por dar o paso á Universidade ou por un FP de grao superior. Segundo José Manuel Pinal, todos os que se acheguen a este salón que se celebra en Pontevedra poderán atopar unha ampla información sobre todas as opcións de ensino que se ofertan e, deste xeito, poder valorar e escoller entre distintas posibilidades.

O director xeral de Centros aproveitou para lembrar que a Consellería de Cultura e Educación está a apostar por unha Formación Profesional adaptada ás necesidades socioprodutivas do tecido empresarial galego e, tamén, por a potenciación da aprendizaxe das linguas e por un bo e eficaz aproveitamento das novas tecnoloxías.

Así mesmo, José Manuel Pinal aproveitou a súa presenza neste acto para agradecer o esforzo e dedicación dos docentes no seu traballo diario, así como felicitar á AMPE (Asociación de Pequenos e Medianos Empresarios de Pontevedra) por organizar este salón e polo seu compromiso coa educación e coa excelencia neste ámbito.
Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia