A Xunta destaca o papel de Xantar na potenciación do turismo e a internacionalización da economía galega
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, na inauguración do XVI Salón Internacional de Turismo Gastronómico, ‘Xantar 2015’.
Na súa intervención, Rueda destacou que o evento encaixa á perfección cos grandes eixes da política da Xunta, que pasan por potenciar o turismo, especialmente o internacional; e pola internacionalización da nosa economía e das nosas empresas.
Boa mostra deste apoio é que o ano pasado Galicia bateu o seu récord de turistas, superando o millón de visitantes, na súa maioría estranxeiros; e que o número de empresas que exportaron en 2014 ascendeu a 6.200, un 30 por cento máis das que o facían en 2009.
Nesa liña seguiremos durante este ano, ampliando os obxectivos do Plan Integral de Turismo e coa aprobación, o pasado mes de febreiro, dunha Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega, que marca para 2020 obxectivos de incremento tanto no volume de exportacións como no número de empresas exportadoras.
Neste contexto xoga un papel esencial o apoio a ‘Xantar’, xa que segundo expuxo o vicepresidente é unha “ferramenta imprescindible” para alcanzar eses obxectivos turísticos e de externalización. Xantar proxecta internacionalmente a nosa gastronomía, tanto para lograr compradores nos mercados globais como para lograr visitantes que queiran vivir a experiencia de degustar os nosos produtos no seu ambiente natural.
Por último Rueda destacou outras das grandes apostas que o salón de turismo gastronómico fai e que tamén coinciden con obxectivos estratéxicos da Xunta, como son o interese pola profesionalización dos traballadores do sector hostaleiro e a relevancia que se da este ano á dieta saudable, nun momento en que desde a Consellería de Sanidade se está executando un plan específico para combater a obesidade infantil.
Do 4 ao 8 de marzo
O XVI Salón Internacional de Turismo Gastronómico celebrarase en Expourense do 4 ao 8 de marzo e contará con máis de 180 expositores en arredor de 12.000 metros cadrados de superficie. Os expositores proceden maiormente de Galicia, Portugal e Castela e León; e nesta edición o país convidado será Costa Rica, cuxo cónsul xeral, Guillermo Rojas Vargas, estivo presente no acto.
Os obxectivos principais de Xantar son, entre outros, promover o turismo a través da gastronomía, exaltar as festas gastronómicas, reforzar a oferta gastronómica ligada ao turismo rural, e servir coma plataforma para os produtos agrogandeiros e pesqueiros de calidade das distintas denominacións de orixe.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia