Xantar 2015 volve contar coa fidelidade do público galego e portugués
Xantar pecha esta tarde as portas da súa decimosexta edición, a segunda como cita internacional, logo de cinco días de intensa actividade que estiveron dirixidas a promocionar a gastronomía sostible e saudable e onde Costa Rica exerceu de protagonista como país convidado presentándose como “destino único, diferenciado, amigable e sostible”. Xantar 2015 remata contando coa fidelidade dos profesionais do sector e do público xeral. A falta de contabilizar as visitas desta tarde, a organización estima que o salón acadou as 22.000 visitas e o número de comidas e ceas servidas polos 17 restaurantes supera as 17.800.
O programa de actividades de Xantar 2015 presentou máis de 100 opcións, cunha media de dúas experiencias por hora de duración do salón, foron seguidas por máis de 6.000 participantes, na súa meirande parte profesionais do sector que supoñen xa un 35% do total de visitas. Este programa incluíu exhibicións de cociña en directo na ques que participaron recoñecidos chefs de Galicia, Portugal e Costa Rica e nas que se puxeron en valor os produtos autóctonos e de calidade. Outra das actividades que espertaron o interese dos profesionales foron as máis de 25 catas comentadas de produtos como o viño, licreos, queixo, a auga X-pinner de Costa Rica, mel, aceite, cogomelos ou os produtos con stevia. A estas actividades hai que engadir as distintas degustacións ofrecidas polos expositores como as de polvo á feira de Terras do Avia, de botelo de O Barco, de galo de curral de Vila de Cruces ou de viños de Amandi-Sober, por citar algunhas das celebradas no día de hoxe.
Xantar foi clausurado esta mañá nun acto presidido polo delegado territorial da Xunta de Galicia, Rogelio Martínez, quen destacou que “Xantar é xa un referente entre os amantes da arte culinaria en Galicia pero ademais nos últimos anos acadou unha enorme proxección internacional. É ferramenta imprescindible para alcanzar externalizar o turismo e a gastronomía de Galicia. Xantar proxecta internacionalmente a nosa gastronomía, tanto para lograr compradores nos mercados globais como para lograr visitantes que queiran vivir a experiencia de degustar os nosos produtos no seu ambiente natural”.
Esta xornada de clausura foi o día adicado ademais ás entidades patrocinadoras e colaboradoras que fixeron posible a celebración de Xantar 2015 e tamén a Mancomunidade Turística de Terras do Avia e do Concello de Sober.
Nesta última xornada tamén foron entregados os premios do 3º Concurso de Cociña Xantar Gourmet que gañou o cociñeiro de Boimorto afincado en Melida, Manuel Garea que sorprendeu ó xurado coa receita “Trufa de Mar” na que empregou vieiras de Galicia do selo PescadeRías, Bonito, algas, grelos e aceite de oliva ecolóxico. Garea gañou este premio por segunda vez consecutiva. O segundo clasificado, na categoría de profesionais foi Carlos Barreira, natural de Cangas, co prato “Lacón, Grelo, Chourizo e Pataca 2015”. No apartado de afeccionados houbo unha mención especial para Cristina Estévez, de Ourense, que preparou a receita “Tosta veraniega”.
A presenza nesta edición de expositores e participantes de 10 países (España, Portugal, Costa Rica, México, A Arxentina, Francia, Perú, Cuba, Ecuador e Paraguai) ven consolidar a súa condición de "Feira Comercial Internacional", un selo outorgado pola Secretaría de Estado de Comercio do Ministerio de Economía e Competitividade, que o converte nunha das cinco citas internacionais de turismo celebradas en España (dúas das cales organiza Expourense) e na única especializada en gastronomía.
Remata así a 16ª edición de Xantar. A vindeira cita feiral de Expourense será os días 27 e 28 de maio coa celebración da 6ª de VINIS TERRAE, Salón Galego dos Viños e Licores Galegos de Calidade.

Silvia Pardo (Expourense)