A cidade das murallas celebra o Arde Lvcvs 2015 con máis de 260 actividades
A concelleira Carmen Basadre subliñou que os preparativos para o Arde Lvcvs 2015 están listos en todos os eidos, organización de actividades e dispositivo de seguridade. Neste senso, Basadre destacou a coordinación e o reforzo das distintas forzas e corpos de seguridade -Policía Nacional, Autonómica e Local-, os bombeiros e o servizo de Protección Civil para garantir que as máis de 260 actividades diferentes programadas para estes días discorran sen ningún tipo de incidente. A concelleira tamén informou de que, “tanto o persoal responsable dos servizos eléctricos do Concello, como os de auga, mantiveron reunións coas diversas asociacións de recreación histórica da cidade para que non existan problemas nos campamentos e saiban empregar axeitadamente as medidas de protección”.
Basadre quixo destacar “o bo comportamento dos visitantes durante todos estes anos”, e recomendoulle aos interesados que aproveiten os descontos que ofrecen tanto Alsa como Arriva ou Renfe para achegarse a Lugo. Do mesmo xeito, pediu aos que viaxen en coche particular que utilicen os estacionamentos da cidade ou lonxe do centro histórico para evitar o embotellamento da circulación.
Xunta de Goberno
A concelleira falou dos preparativos e o operativo de seguridade do Arde Lvcvs durante a rolda de prensa posterior á primeira Xunta de Goberno Local provisional, que precisamente, ademais da constitución do propio órgano, aprobou a autorización para que o persoal de Conserxería realice servizos extraordinarios durante o festexo, ante a necesidade de ampliar os horarios de apertura ao público do centro social Uxío Novoneyra e a casa consistorial.
5 socorristas
Dos asuntos tratados na Xunta de Goberno informou o voceiro municipal socialista, Miguel Fernández, que xunto a Basadre, estivo acompañado pola Acaldesa, Lara Méndez, e a concelleira Ana Prieto. Deste xeito, ademais dos servizos extraordinarios necesarios para o Arde Lvcvs, Fernández deu conta da aprobación das bases para o procedemento selectivo de 5 socorristas, que prestarán servizos de vixiancia e salvamento nas áreas recreativas con zonas de baño da cidade a partir de primeiros de xullo e durante dous meses.
Seguidamente á Xunta de Goberno ordinaria, que aprobou estes dous asuntos, tivo lugar unha de carácter extraordinario, na que, segundo informou Miguel Fernández, se acordou delegar na Alcaldesa a xestión económica de gastos e ingresos, coa excepcións de subvencións e contratos a partir dunha determinada contía.
Web do Arde Lvcvs 2015 e programa completo: http://www.ardelucus.com/

Gabinete de Comunicación do Concello de Lugo