Revenidas 2015: Un domingo co mellor reggae do mundo
Letras comprometidas e mestura de xéneros musicais que van do reggae, gogo, D.C. hardcore, latin, rock e hip-hop fan de S.O.J.A. unha das mellores bandas actuais do planeta de reggae. Jacob Hemphill, voz principal do grupo, medrou en África e esta experiencia enriqueceuno para ter un amplo sentido de confraternidade e de loita contra as inxustizas. Jacob afirma que “quere falar para a xente que non ten micrófonos.
O noso obxectivo como banda é dar a cara pola raza humana. Nos vemos o mundo e tentamos facelo mellor no tempo limitado que temos aquí”. Acompañando a S.O.J.A. e provinte de Cerceda estará Xenderal tamén coñecido como Gendebeat. Reggae, rap e beatbox, letras cargadas de lírica xamaicana entremezcladas cun estilo propio de raiba galega. “Cuspe letra contundente e ao mesmo tempo retranqueira que non deixa indiferente a ninguén.”
Un domingo para as persoas que devecen polo reggae e que se completan coas sesións especialmente xamacainas da man de dous colectivos inquedos. Brigada A.M. Soundsystem, colectivo galego que achega os sons da illa Xamacaina, reggae, dance, ragga, dub, pero tamén balcán, beat, fanfarria, swing, dub, trip hop, punk ou garaxe . E Rulassie Selektah (Diego López) forma parte de Selassie Sound System un colectivo de selectores de música xamaicana en todas as súas variantes: Reggae, Ska, Rocksteady, NewRoots, Dancehall, Dub…
A xornada comezará cunha sesión vermouth a cargo de Blues do País, o grupo formado por Pepe King e Bieitta James que está a converter o blues en música raíz galega, “beber da tradición musical de Galicia e transformala co xenuíno estilo do blues”. E os madrileños Swingdigentes cunha unión propia e singular das danzas urbanas contemporáneas coma o Break Dance, Locking e Popping da man do jazz clásico e a música e estética do swing dos anos 20. No escenario estarán unha das sopresas da escena musical galega. Poetarras o colectivo arterrorístico de Manuel Gago, Rubén Lino e Daniel Vilaverde cuxo obxectivo principal é “ofender a somebody en somewhere por something a través de sketchs”.
Completarán o gran cartel deste día histórico nos festivais galegos a actuación dos valencianos Los Chikos del Maíz, co seu rap político que tratan temas de actualidade con letras ácedas nas que a retranca mestúrase con referencias literarias, cinematográficas, políticas e da cutura popular.

Revenidas 2015