Skip to main content

Castelo (Culleredo) será este sábado a capital do humor en Galicia coa segunda edición do Castelo Conta

Este ano Xosé A. Touriñán, o popular actor e veciño de Castelo, ponse de novo mans á obra para xuntar neste pequeno pobo a algúns dos cómicos máis recoñecidos do país, nun cartel que formarán Isi, Pepo Suevos e as Cantareiras de Ardebullo, o auténtico fenómeno do humor galego da última década que encarnan o propio Touriñán xunto co seu compañeiro Marcos Pereiro.

A entrada ao espectáculo será de balde, e existirá a opción de reservar unha mesa para gozar da velada en grupo. A organización preparará ademais chourizos á grella en pan de Carral, a disposición de todo o público asistente.

No apartado musical, a Marcos Mella Band será a encargada de amenizar a noite con éxitos do pop español dos anos 80, antes e despois dos monólogos.

O evento dará comezo contra as 23.00 horas, e terá lugar na polideportiva de Castelo. Será o primeiro dos días dunhas festas que se prolongarán durante dúas fines de semana.
Concello de Culleredo