Skip to main content

O Concello de Santiago non concederá subvencións á Semana Santa de Compostela

O alcalde recibiu á Xunta de Confrarías da Semana Santa de Santiago, despois de varios contactos previos desde o goberno local con esta entidade, que agrupa ás 13 confrarías da capital galega. No encontro, Martiño Noriega reafirmou a decisión do Goberno local de non conceder subvencións nominativas ás confrarías, nomeadamente a que viña recibindo a Confraría da Vera Cruz.

O rexedor compostelán explicou que o Concello procurará espazos de colaboración que teñan que ver coa dimensión turística e cultural da Semana Santa. Nese sentido, Martiño Noriega anunciou que se manterán novos encontros para perfilar, ou mesmo ampliar, esa posible cooperación.

O alcalde tamén lle reiterou á Xunta de Confrarías a vontade do Concello de facilitar o seu labor, e o desenvolvemento das 17 procesións que saen á rúa na Semana Santa.
Gabinete de Comunicación do Concello de Santiago de Compostela