Skip to main content

Solicitan que las fiestas del carnaval de la provincia de Ourense sean declaradas Patrimonio Inmaterial de la Humanidad

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Ourense:

O Programa Provincial de Entroidos 2017 reúne máis de 100 actividades do 23 de febreiro ao 5 de marzo, organizadas por diferentes municipios da xeografía ourensá. A presentación deste evento cultural tivo lugar no Centro Cultural "Marcos Valcárcel", acto no que participou o presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, acompañado por unha representación dos traxes e das máscaras típicas da nosa provincia: a pantalla de Xinzo, a mázcara de Manzaneda, o boteiro de Viana, o felo de Maceda, o boteiro de Vilariño, o troteiro de Bande, o labardeiro de Mugares, as bonitas de Sande, o vellarrón de Riós, os cabreiros de Muíños, o cigarrón de Verín, o felo e madama de Esgos, as pitas de Eiroás, a mázcara e zarramanculleiro da Xironda e o madamito de Entrimo.

O presidente da Deputación de Ourense adiantou na presentación do Programa Provincial de Entroidos 2017 que, o goberno provincial, "está a traballar para que, en coordinación con entroidos doutras rexións de España e do Norte de Portugal, sexa declarado pola UNESCO, Patrimonio Cultural Inmaterial", e engadiu, "encaixa perfectamente con esta definición, como representante da cultura dun pobo, que pasa de xeracións a xeracións e que forma parte da súa alma".

Baltar agradeceu a asistencia dos representantes "da festa tradicional de Ourense que converte ao mes de febreiro, nun dos máis importantes do ano, porque se hai unha provincia onde o Entroido é un referente cultural e etnográfico que traspasa os límites xeográficas, esa é Ourense".

Nese mesmo senso, Manuel Baltar dixo que a Deputación de Ourense, dada a súa visión integral de provincia, ve o Entroido "como una das nosas fortalezas e por elo, queremos continuar a impulsar e coordinar toda esta riqueza que está en diferentes puntos da nosa xeografía".

"O programa resume día a día cales son as manifestacións do Entroido máis importantes en cada unha das localidades e tendo como protagonistas as figuras senlleiras desta festa", afirmou o presidente do goberno provincial.

En canto á súa difusión dixo que se van a editar "12.000 exemplares que serán remitidos a todas as Oficinas de Turismo das principais cidades galegas e mesmo fóra de Galicia,e tamén a todos os establecementos hoteleiros da nosa provincia, para divulgar esta riqueza cultural. Así mesmo, emitirase en diferentes televisións locais, un spot publicitario sobre o Entroido de Ourense que contribúe a promocionar esta celebración ligada a nosa cultura, a nosa historia e a nosa identidade".

A provincia de Ourense conta con Entroidos declarados de Interese Turístico Nacional, como son os de Xinzo e Verín, ademais dos entroidos de Maceda, Laza, Vilariño de Conso, Manzaneda e Viana do Bolo que contan coa declaración de Interese Turístico Galego.

Fotografía: Gabinete de Comunicación de la Diputación Provincial de Ourense
R.