Skip to main content

Las Ciudades Patrimonio, entre las que figura Santiago de Compostela, se promocionan en la Feria de Lisboa (Portugal)

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

Nesta feira, Mundo Abreu, o maior grupo de axencias de viaxes portugués e importante colaborador na promoción e venda do destino España, trasladou durante dous días a 200 dos seus vendedores con excepcionais ofertas e ofreceu un espazo expositivo aos seus principais provedores. A feira tivo unha gran presenza nos medios grazas a unha potente campaña de comunicación e, paralelamente, Mundo Abreu editou un catálogo de 300 páxinas no que os produtos turísticos españois ocupan máis de 70 páxinas. Durante a fin de semana, pasaron polo recinto feiral máis de 130.000 persoas, aumentando cada ano a presenza de visitantes e as vendas.

As Cidades Patrimonio contaron cun mostrador propio dentro da caseta de Turespaña, dende o que o Grupo facilitou material promocional e atendeu numerosas consultas tanto de profesionais como de público final interesado nos destinos culturais da rede.

España sitúase entre os destinos internacionais preferidos para o mercado portugués. No ano 2016 visitáronnos preto de dous millóns de turistas portugueses, o que representa un crecemento do +15,1% respecto ao ano anterior. Tamén mostraron un avance o gasto (+15,8%) e as pernoctas hostaleiras (+9,8%). A principal motivación dos visitantes portugueses é o lecer e a cultura (65%), aínda que as viaxes de negocios tamén cobraron especial relevancia, chegando a encabezar o ránking como mercado emisor en peso relativo (19%). A visita a cidades figura entre as súas principais actividades (43%), segundo datos de Turespaña.

Aínda que a situación económica real podería influír na evolución do mercado, os principais indicadores prognostican que a tendencia positiva se manteña nos próximos meses.

Tras un 2016 moi positivo para o sector turístico no noso país, o Plan Operativo do Grupo para 2017 continuará coa liña de promoción, representación e comercialización das 15 cidades baixo o selo de calidade excepcional que outorga formar parte da lista de Patrimonio Mundial de Unesco.

Ademais de levar a cabo diversas presentacións directas en mercado de orixe en Perú, Arxentina, Italia, Bélxica, Reino Unido, Rusia e Polonia, ao longo do ano está previsto participar nas principais feiras do sector, como o Salon des Vacances (Bruxelas), Reisen Hamburg (Hamburgo), Salon Mondial du Tourisme (Paris), WTM Latin America (Sao Paulo), ITB Berlín e WTM Londres, ITB Asia (Singapur), JATA Tokio e CITM China, entre outras.
R.