Skip to main content

Las fiestas de la Ascensión de Compostela protagonizan el cupón de la ONCE del 25 de mayo

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela:

O salón amarelo do Pazo de Raxoi acolleu a presentación do cupón que a ONCE venderá o vindeiro xoves 25 de maio en todo o territorio do Estado. Na presentación estiveron o alcalde, Martiño Noriega; o delegado territorial da entidade, Manuel Martínez Pan, e o director da Axencia ONCE de Santiago, José Antonio Riveiro Canosa.

O cupón leva a imaxe dun cabezudo diante da Berenguela da Catedral pertencente ás festas do ano pasado. Tal e como destacou Manuel Martínez, "distribuirase un total de 5 millóns e medio de cupóns e estarán en todos os recunchos a través de 20.000 vendedores que temos en toda España".

O delegado territorial tamén destacou que é a "mellor tarxeta de presentación" das festas da Ascensión e lembrou que este tipo de imaxes son "a seña de identidade que caracteriza a ONCE e o mellor tributo para calquera acontecemento festivo, artístico ou cultural".

Pola súa banda, o alcalde de Santiago salientou a súa satisfacción por poder colaborar con esta iniciativa e facelo ademais cunha entidade que realiza un gran labor social. Martiño Noriega engadiu que serve para "reforzar o capital simbólico da cidade e a difusión das festas máis picheleiras".

Fotografía: Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago de Compostela
R.