Skip to main content

El Proyecto Conta con Elas participa en la Feria Sectorial de la Construcción SICO que se celebra en Vigo entre el 21 y el 25 de junio

El proyecto Conta con Elas participa en la Feria Sectorial de la Construcción SICO que se celebra en el Recinto Ferial de Vigo entre el 21 y el 25 de junio. Representantes de este proyecto asistieron a una mesa redonda celebrada en el marco de esta feria.

Nota de prensa remitida por Montserrat Doval Avendaño, Sensibilización Institucional y Actividades Empresariales - Proyecto Conta con Elas:

Na Sala Rosalía de Castro do Ifevi tivo lugar a Mesa redonda "Conta con Elas na empresa" na que tres mulleres que traballan no sector da construción contaron a súa experiencia: Gloria Pascual Casal, empresaria e escaiolista da empresa “Máis Maña”; Belén Pampín Camino, xefa de obra da empresa COVSA, e Rosa González Pérez, empresaria pioneira no sector do gas da Empresa J. Ramos y Cía. Ademais, o persoal de Conta con Elas explicou ás empresas interesadas as accións nas que poden participar.

O Proxecto Conta con Elas está presente na feira sectorial da Construción SICO que se realiza do 21 ao 25 de xuño no recinto do Ifevi de Vigo.

O Proxecto conta coa presenza do Bus da Igualdade que está situado no aparcamento de entrada á Feira co fin de que visualmente se identifique o proxecto.

Dentro do recinto, Conta con Elas terá un stand de 24 metros cadrados no que se da información sobre o proxecto e máis especificamente sobre as accións destinadas ás empresas.

A presenza de Conta con Elas na feira SICO débese ao interese de acudir alí onde as empresas se encontran e darse a coñecer, especialmente ás empresas de sectores tradicionalmente masculinos como o da construción.

O Proxecto ten como eixo central a sensibilización, especialmente a sensibilización empresarial e laboral para diminuír a segregación laboral das mulleres. O Proxecto Conta con Elas impulsa e favorece o cambio na percepción da posición que as mulleres han de ocupar no mercado de traballo.

Actúase sobre o contorno social e educativo, sobre o institucional, sobre o empresarial-laboral e directamente sobre mulleres desempregadas formadas en profesións con escasa presenza feminina.

Tamén se actua sobre mulleres empregadas para a súa promoción dentro da empresa, mediante planes individualizados de formación.

O Proxecto conta con catro centros antena para atención a persoas en Vigo, O Porriño, Redondela e Gondomar, ademais dos centros atendidos polos sindicatos con persoal especialista no sector laboral dende a perspectiva de xénero.

A sensibilización sobre o tema de igualdade chegará a todo o territorio da Mancomunidade grazas ao Bus da Igualdade, unha iniciativa nova para achegar material multimedia sobre igualdade a toda a poboación.

O Proxecto Conta con elas enmárcase dentro da iniciativa Equal do Fondo Social Europeo, dedicada a promover novos métodos de loita contra toda clase de discriminación e desigualdade no acceso a un mercado de traballo aberto a todos e todas, a través da sensibilización en materia de igualdade de oportunidades entre homes e mulleres para corrixir a segregación horizontal e vertical no eido laboral.

A Agrupación de Desenvolvemento Area Metropolitana de Vigo leva adiante o proxecto e está formada polas entidades Mancomunidade da Área Intermunicipal de Vigo (MAIV), como entidade pública responsable; os sindicatos UGT, CCOO e CIG, a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Fundación Caixanova, Deputación de Pontevedra e Universidade de Vigo. O orzamento do proxecto, preto dos tres millóns de euros, é un dos máis altos de España.


R.