Skip to main content

Pontevedra acoge en mayo la Feria del Libro y la Industria Cultural: Cultur.Gal

Pontevedra acoge en mayo la Feria del Libro y la Industria Cultural: Cultur.Gal. Se presentó este evento en la Fundación Eugenio Granell de Santiago de Compostela con la asistencia de las conselleiras de Cultura y de Educación de la Xunta de Galicia.

Esta feria, que se celebra entre el 10 y el 13 de mayo, está promovida por la Asociación Gallega de Editores y pretende convertirse en una plataforma en la que se integren, dinamicen e interrelacionen los distintos sectores implicados en la industria cultural.

Nota de prensa remitida por Cultur.Gal:

A Asociación Galega de Editores (AGE) no seu traballo de promoción e
difusión do libro e da industria cultural de Galicia, e atendendo á falta dun espazo de encontro e de visualización de toda a oferta producida pola industria cultural do país, organiza CULTUR.GAL, Feira do Libro e da Industria Cultural, un proxecto que quere ser unha plataforma, na que se integren, dinamicen e interrelacionen a pluralidade dos sectores que actúan ao redor da industria cultural galega, co ánimo de que se converta en referencia imprescindible e obrigada, a xeito de cita anual, para todos os que queiran coñecer a oferta cultural galega.

Sería a primeira vez que en Galicia se levase a cabo un acontecemento desta
envergadura no ámbito da industria cultural.

Unha das grandes liñas de actuación do Cultur.gal será o das actividades
culturais. Xa que logo, ao longo dos catro días de maio en que se leve a cabo,
existirá unha continuada oferta de actividades culturais, baseada na presentación de libros e discos, no encontro con escritores, músicos, proxeccións, mesas redondas, actuacións musicais, actividades infantís, danza, etc, así como a retransmisión en directo de diversos programas de radio e televisión, para o que se conta co apoio da RTVG. O Cultur.gal posibilitará tamén o ser punto de encontro das asociacións profesionais representativas dos distintos sectores da industria cultural como editores, libreiros, distribuidores, escritores, tradutores, ilustradores, escritores, empresas de artes gráficas, produtores audiovisuais, músicos, produtores fonográficos, deseñadores de páxinas web, portais de internet, creadores de xogos de ordenador, artesáns do papel, encadernadores artísticos, empresas de reprodución artística, etc.

Un dos obxectivos dos organizadores é que o Cultur.gal se convirta nun
lugar de interese para toda a cidadanía, como escaparate da realidade cultural do país, onde, ademais, e dado o carácter industrial da feira, os produtos culturais estarán á venda.

Ao constituírse o Cultur.gal como gran espazo de mostra e venda facilitará
un aumento do volume de vendas e unha mellor comercialización dos diferentes soportes culturais: libros, discos, produtos audiovisuais, produtos informáticos, artesanía do libro e do papel.

O CULTUR.GAL celebrarase no Pazo de Cultura de Pontevedra os días
10, 11, 12 e 13 de maio de 2007.
R.