Lugo acoge el II Salón do Cabalo de Galicia: Equigal 2009

O venres 18 de setembro ás 20:00 horas terá lugar a Inauguración Oficial de Equigal 2009, Salón do Cabalo de Galicia, a segunda edición dun evento que xira arredor do mundo do cabalo. A inauguración terá lugar no Hall do Pazo de Feiras e Congresos de Lugo.
No acto de presentación intervirán: Xacobo Pérez Paz, director de Equigal, Xosé Ramón Gómez Besteiro, presidente da Deputación Provincial de Lugo, Xo_e Clemente López Orozco, alcalde de Lugo e Mª Carmen Pita Urgoiti, directora de Turgalicia e en representación da Secretaría Xeral para o Turismo da Consellería de Cultura e Turismo.
Equigal 2009, Salón do Cabalo de Galicia
O Salón do Cabalo de Galicia – Equigal 2009 celebrarase no Pazo de Feiras e Congresos de Lugo do 18 ao 20 de setembro de 2009. O Salón acollerá as máis diversas modalidades hípicas nas súas diferentes vertientes así como o emerxente mercado equino de Galicia.
Organización e patrocinadores
Equigal 2009 é un evento organizado pola Fundación Feiras e Exposicións de Lugo. Conta co patrocinio e apoio da Xunta de Galicia a través da Secretaría Xeral para o Turismo, Xacobeo 2010, Dirección Xeral de Comercio, Portos de Galicia, a Secretaría Xeral para o Deporte, Turgalicia e a Deputación Provincial de Lugo.
Colaboran ademais a Federación Hípica Galega, así como as asociacións Pura Raza Cabalo Galego, Asociación de Criadores de Cabalos Españois de Galicia (ACCEGA), Asociación Nacional de Criadores de Cabalos Españois (ANCCE), o Club Hípico P.R.G., a Escola Oficial de Xuíces de P.R.G., a Asociación Deportiva Equigal, o Poni Club Galicia e a Fundación Rof Codina.
R.