Diez productoras audiovisuales gallegas presentan sus creaciones en el mercado Ventana Sur, de Buenos Aires (Argentina)
Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria apoia a presenza de Galicia no mercado audiovisual Ventana Sur de Bos Aires a través das 10 produtoras integrantes da delegación galega que, ata o 6 de decembro, participa neste encontro estratéxico para o intercambio comercial cos países de América do Sur.
As compañías Ficción Producciones, Filmanova, Adivina Producciones, Enxebre Entertainment, Formateo, Xamalú Filmes, Abano Producións, TV Siete, Vimbio Films e Desembarco Film compoñen esta delegación empresarial na capital arxentina, que conta co respaldo económico de Cultura e Educación mediante o programa de internacionalización do audiovisual galego que a Agadic (Axencia Galega das Industrias Culturais) mantén co Igape (Instituto Galego de Promoción Económica).
Entre as accións de fomento desta misión comercial, a Agadic conta tamén coa colaboración da Embaixada de España en Arxentina para organizar un evento promocional ao que están convidados os representantes de todas as axencias de venda e distribuidoras presentes en Ventana Sur. Durante este acto, que terá lugar o vindeiro xoves día 5, proxectarase un resumo das producións galegas máis recentes, así como o vídeo promocional ‘Films from Galicia’, realizado pola Consellería de Cultura e Educación co fin de presentar unha panorámica xeral da nosa filmografía máis actual.
Ademais, entre os seis filmes españois que se exhibirán dentro da programación de Ventana Sur atópanse as producións galegas ‘A tropa de trapo na selva do Arco da Vella’, de Abano, e ‘Inevitable’, de Adivina, ambas as dúas realizadas co apoio da Agadic a través das súas subvencións á produción audiovisual.
Durante a celebración do mercado difundirase, así mesmo, a última edición do catálogo Films from Galicia, que recolle as últimas producións e os proxectos máis inmediatos do audiovisual galego, así como a publicación Ways to Film, realizada para a promoción exterior de Galicia como escenario de rodaxe.
Ventana Sur é o mercado de cine latinoamericano de referencia, promovido polo Instituto Nacional de Cine Arxentino (INCAA) en colaboración co prestixioso Marché du Film de Cannes. Desde a súa fundación en 2009, o encontro arxentino non deixou de medrar, converténdose nun referente para as produtoras que desenvolven o seu traballo no ámbito latinoamericano. Na edición de 2012, congregou un total de 2.300 profesionais do sector de todo o mundo, 400 deles acreditados como axentes compradores e vendedores.
Esta misión comercial en Ventana Sur insírese, ademais, na liña de intercambio comercial e artístico que Galicia e Arxentina están a desenvolver nos últimos anos e dentro da que a semana pasada tivo lugar en Santiago de Compostela a primeira edición de MICAtlántica (Mercado das Industrias Culturais Atlánticas).
Fotografía: http://www.ventanasur.gov.ar/eng/

R.