Skip to main content

El 8 de febrero, Lalín se convierte en la capital del cocido de Galicia con la 47º feria

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e mais o alcalde de Lalín, José Crespo, presentaron no Grove a XLVII Edición da Feira do Cocido.

A Feira do Cocido de Lalín conta coa declaración de Festa de Interese Turístico Nacional dende 2010. Desde entón, esta festa é unha referencia imprescindible no calendario gastronómico galego e unha cita ineludible como prólogo do Entroido, xa que a Feira do Cocido de Lalín celébrase sempre o domingo anterior ao domingo de Entroido.

Así, o 8 de febreiro, Lalín acolle a 47 edición deste festexo que este ano inclúe como novidade un Festival de Orquestras, que contará coas actuacións de París de Noia, Filadelfia e Sintonía de Vigo. Ese día as cores das carrozas, charangas, comparsas e grupos de gaiteiros faranse donas das rúas de Lalín tras a lectura do pregón, que irá precedido da celebración do acto de investidura dos novos membros da Encomenda do Cocido. A propia feira será outro dos principais atractivos, xa que os mellores produtos das fértiles terras de Deza exporanse nos numerosos postos instalados no Campo da Feira Vello, ofrecendo un delicioso percorrido visual e aromático a quen camiña entre eles.

O atractivo turístico e cultural desta celebración vese corroborada ano tras ano pola masiva afluencia de público no día grande da feira, que acostuma superar as 70.000 persoas.

Durante o acto de presentación, a directora de Turismo de Galicia, resaltou o traballo e organización, promoción e difusión desta cita gastronómica que cada ano reúne a milleiros de persoas na capital do Deza. Ademais, Nava Castro destacou a gran oportunidade que supón a Feira do Cocido para descubrir algúns dos recursos turísticos máis singulares desta zona de Galicia, na que se pode visitar monumentos que contan coa declaración de Ben de Interese Cultural ademais de incribles espazos naturais, como a Fervenza da Toxa, ou agradables sendeiros que atravesan o territorio e que conforman a Vía da Prata a Santiago.

Nava Castro explicou que entre as fortalezas identificadas polo Plan Integral de Turismo de Galicia figura a gran variedade e calidade dos produtos enogastronómicos de Galicia como elementos que constitúen vantaxes competitivas e diferenciais a respecto doutros destinos.

“Dende Turismo de Galicia somos conscientes de que as festas, polas súas características e singularidades e polo seu recoñecemento e prestixio a nivel autonómico, son un recurso que manter e potenciar, xa que a súa celebración supón un importante reclamo de atracción turística”, afirmou Nava Castro. Deste xeito, unha das actuacións que inclúe o Plan Integral de Turismo de Galicia é a promoción e mellora das festas de exaltación de produtos enogastronómicos, especialmente as declaradas de Interese Turístico, mediante a consolidación de criterios homoxéneos de calidade e a promoción e valorización dos produtos sostibles e de calidade, conectados coa oferta de turismo industrial.
R.