Skip to main content

La confianza del consumidor gallego se incrementa en 7 puntos durante el primer trimeste de 2015, según el IGE

Nota de prensa remitida por el Gabinete de Comunicación de la Xunta de Galicia:

O indicador de confianza dos fogares galegos correspondente ao primeiro trimestre de 2015 acadou o seu nivel máis alto dende o ano 2003 debido ás mellores perspectivas da situación económica e da evolución do emprego, segundo reflicte a Enquisa Conxuntural a Fogares que publica o Instituto Galego de Estatística (IGE).

En concreto, o Indicador de Confianza do Consumidor (ICC) no primeiro trimestre de 2015 mellorou en máis de 15 puntos en comparación co mesmo período do ano anterior. Ademais, tamén mellorou en máis de 7 puntos respecto ao último trimestre de 2014.

Este indicador mide as perspectivas dos consumidores e dos fogares respecto das súas expectativas de gasto e aforro, así como a percepción sobre a súa situación financeira persoal e sobre a situación económica de Galicia.

Na enquisa ponse de manifesto que as perspectivas sobre a situación financeira persoal melloraron en 9 puntos no último ano. Ademais, as expectativas que teñen as familias sobre a evolución do desemprego tamén melloran en preto de 26 puntos con respecto ao primeiro trimestre do 2014.

En canto ás perspectivas de evolución da situación económica en Galicia, tamén mostran unha evolución positiva. Neste sentido, o indicador reflicte unha mellora de case 28 puntos no último ano, e de 10 puntos con respecto ao último trimestre do pasado ano.

O organismo estatístico da Administración galega tamén analiza nesta enquisa trimestral a situación económica dos fogares da Comunidade durante os últimos tres meses.

Os datos correspondentes ao primeiro trimestre do 2015 sinalan que o número de fogares que declara chegar con dificultades a fin de mes reduciuse en dous puntos en comparación co mesmo trimestre do ano anterior.
R.