Skip to main content

Verónica Boquete pregona las Fiestas del Apóstol 2015 en Santiago de Compostela, que disponen de un presupuesto de 400.000 euros

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Concello de Santiago:

A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou o programa das festas dos Apóstolo, que arrancan o venres 17 de xullo co pregón da futbolista santiaguesa Verónica Boquete. Serán 15 días de actividades, todas de balde, as que compoñen un programa marcado por tres eixes: a diversidade, a descentralización e a apertura. Segundo Branca Novoneyra, serán unha festas diversas en canto a estilos. "Poderemos escoitar dende o reagge de Gentelman and the Evolution e o rockabilly de Imelda May ata a revisión da canción tradicional mexicana de Lila Downs, sen esquecer o hip hop, o soul, o funk, o jazz, o gospel, a música electrónica, o tango, o rock e o folk; sen esquecer espazos de produción propia como a Banda e a Real Filharmonía, ou espazos tradicionais das festas coma o Día do Traxe e a Xornada do Folclore Galego", indicou.

Tamén se referiu á forte presenza no programa das artes escénicas, con teatro, circo, danza ou monicreques, intentando que "a arte volva á rúa" grazas a unhas festas "participadas, creativas e inclusivas, orientadas a un público amplo de idades". Serán tamén unhas festas "de todos e para todos", cunha programación "expandida no territorio". Proba disto é que as actividades chegan a case 20 puntos do municipio, entre eles os barrios de Fontiñas, Sar, Vite, Conxo, Santa Marta, Nemenzo, Figueiras ou A Gracia, entre outros. Ademais, dixo, "quixermos recuperar espazos emblemáticos das festas como a praza do Toural, achegarnos ás prazas da cidade e volver polas rúas e recunchos escondidos que coñecemos os veciños da cidade e que queremos compartir cos miles de visitantes que recibimos nestas datas".

A concelleira referiuse tamén á aposta por "recuperar o pulso e vitalidade da cidade" a través dunhas festas nas que todas as actividades serán abertas e de balde. Ademais, engadiu, "quixemos abrir as prazas -tamén a da Quintana, tantas veces pechada nestes anos- e unha forte presenza de artistas que viven na cidade e constrúen a nosa cultura e unilos nun proxecto orixinal: Artellando".

Artellando é un proxecto que implica a máis de 130 artistas "traballando en rede, construíndo sobre o territorio un tecido cultural orientado a todos os públicos, con actuacións musicais e escénicas coas que queremos provocar experiencias novas", dixo. Esta proposta vivirase entre os días 18 e 23 de xullo, vencellada tamén á programación dos centros socioculturais.

Fotografía y programa completo en: http://santiagodecompostela.org/medi/Baners/apostolo_2015.pdf
R.