Skip to main content

El alcalde de Santiago, Martiño Noriega, confirma su ausencia en la Ofrenda al Apóstol del 25 de julio para diferenciar el espacio civil del religioso

Nota de prensa del Gabinete de Comunicación del Ayuntamiento de Santiago:

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, confirmou que non estará presente no acto relixioso da Ofrenda ao Apóstolo Santiago. Si que tomará parte, como máxima representación institucional do Concello, no acto previo de recibimento ás autoridades na praza do Obradoiro e na recepción no Pazo de Raxoi posterior á cerimonia relixiosa. Martiño Noriega comunicoulle a decisión aos voceiros municipais, ao igual que a do Grupo de Goberno de non participar en ningún destes actos con motivo da Ofrenda ao Apóstolo. O alcalde expresou o seu "absoluto respecto" a quen decida participar na Ofrenda, pero reiterou a convicción en "diferenciar o espazo civil do relixioso".

Seguindo cos actos das Festas do Apóstolo, o rexedor deu conta dalgúns cambios protocolarios en relación coa noite dos Fogos do Apóstolo. Así, a configuración do espectáculo, con proxeccións no Pazo de Raxoi, obrigará a que os habituais convidados institucionais presencien a sesión dende a propia praza do Obradoiro, nun espazo habilitado a carón do Hostal dos Reis Católicos.

Indicou igualmente que a relación de preto de 400 convidados doutros anos se reducirá a uns 200. Nesta listaxe incluiranse os preto de 80 convidados fixados polo Real Decreto de Precedencias e os membros da Corporación, os cales poden levar un acompañante. Unha vez se coñezan as confirmacións de asistencia, de haber vacantes, abriríase a posibilidade, a través da web municipal, a que a veciñanza poida acceder a este espazo reservado. Esta opción tamén se abriría para presenciar dende Raxoi os fogos do 31 de xullo.

O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o director de Estratexia e Desenvolvemento de Negocio Acciona Producciones y Diseño, Javier Sánchez, presentaron os Fogos do Apóstolo. Nesta edición, as proxeccións repartiranse entre a Catedral e o Pazo de Raxoi, combinadas coa música e a pirotecnia para crear un espectáculo envolvente.

Este ano, o fío condutor será a celebración da declaración de Santiago de Compostela como cidade Patrimonio da Humanidade, da que se cumpren 30 años. A principal novidade desta edición é que o espectáculo ocupará diferentes espazos da praza do Obradoiro xerando unha sensación envolvente, xa que as proxeccións multimedia mostraranse sobre as fachadas da Catedral e do Pazo de Raxoi. Ademais, haberá diferentes xogos lumínicos e pirotécnicos noutros espazos da praza, coma o Hostal e o Reitorado.

O espectáculo comporase de sete escenas a través das que se amosarán tradicións arraigadas na cultura galega, elementos icónicos do Camiño de Santiago, e percorreranse os lugares máis emblemáticos da cidade, que levaron a que, hai 30 anos, a UNESCO declarase o casco histórico de Santiago de Compostela como Patrimonio da Humanidade.

Será un espectáculo multimedia no que se empregarán técnicas audiovisuais punteiras coma o warping (proxección de imaxes sobre edificios aproveitando os seus relevos), efectos especiais, pirotecnia e música. Este ano, o elemento humano cobrará maior importancia e formarán parte da posta en escena un pernilongo que percorrerá a praza, unha banda de gaiteiros e outros músicos que interpretarán en directo a banda sonora do espectáculo.

Esta edición dos Fogos do Apóstolo terá carácter inmersivo, coa utilización, por primeira vez, de varios espazos da praza do Obradoiro dende os que se combinarán proxeccións, efectos lumínicos, xogos pirotécnicos e músicos reais que permitirán ao espectador desfrutar dun escenario de maior amplitude e vivir unha experiencia en 360º. Dáse así unha solución ao problema que supoñen as obras de recuperación da fachada de la Catedral, que obrigan a minimizar as proxeccións sobre a mesma pola dificultade que entraña a lectura de imaxes sobre a estada.

Durante o espectáculo alternarase o protagonismo do fogo e os elementos pirotécnicos con proxeccións sobre as fachadas da praza, que exercerán como pantallas sobre as que emerxerán efectos tridimensionais. Para iso, instalaranse 11 proxectores de vídeo de 22.000 lumens cada un, 36 proxectores móbiles de luz, 6 torres de son envolvente cunha potencial total de 100.000 W e case 5.000 artefactos pirotécnicos.

Fotografías: http://www.santiagodecompostela.org/hoxe/nova.php?lg=gal&id_nova=13293
R.