Celébrase o domingo anterior á Noiteboa. A partir das nove da mañá xa están dispoñibles os capóns para poder ser adquiridos polo compradores que se desprazan de toda a xeografía española, para adquirir o precioso manxar.
Véndense sós ou por pares, alcanzando unha cotización de ata os 200 euros o par, o que dá idea da excelente calidade deste produto que ten unha longa historia, do cal temos referencias bibliográficas que nos falan da existencia de capóns na zona desde o ano 1521. Moitas destas referencias, sobre todo dos séculos XIX e XX, afirman que se usaban os capóns como “pagadores de rendas”, algo que nalgúns casos se segue mantendo na actualidade, conservándose esta tradición e satisfacendo desta forma o arrendamento de terras que realizan algúns dos criadores.
A Feria dos Capóns de Vilalba pode sobrepasar nuns 200 anos a súa antigüidade, pois nos libros do Concello de Vilalba aparecen as anotacións da feria do ano 1835. É a partir do ano 1965 cando se produce un incremento notable nos censos, e desde este momento o capón pasou de usarse para pagar a renda, a ser un produto máis comercial, orientándose para a obtención dun beneficio económico. Na actualidade o número de capóns que se pon á venda ronda os 2.000 exemplares.