Skip to main content

Entroido de Salcedo (O Oso de Salcedo)

Arquivos adxuntos
Entroido de Salcedo (O Oso de Salcedo)
Entroido de Salcedo (O Oso de Salcedo)
Entroido de Salcedo (O Oso de Salcedo)
Entroido de Salcedo (O Oso de Salcedo)
Entroido de Salcedo (O Oso de Salcedo)
Entroido de Salcedo (O Oso de Salcedo)
Entroido de Salcedo (O Oso de Salcedo)
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaLugoPobra do Brollón (A)
Lugar: 
Quen organiza
Descripcion

As celebracións comezan a tarde do sábado 18 de febreiro no centro da Pobra cun desfile de disfraces, comparsas e carrozas, e amenizado por unha charanga. O desfile sae do cruce da estrada de Saa ás 17:00. Ao remate haberá entrega de premios aos mellores deseños na Casa da Cultura ‘Olga Novo’. 

A partir da noite do sábado, Salcedo pasa a ser o escenario principal do Entroido ata o fin das festas. Comézase coas tradicionais funcións de teatro nas que participan grupos de teatro afeccionado de nenos e adultos. As súas obras representaranse a partir das 22:00 no local multiusos de Salcedo. De seguido, haberá baile co dúo Sabor Latino.

Ao día seguinte, ás 17:00 do domingo 19, saen as figuras tradicionais de Madamas e Danzantes para percorrer Salcedo cun pasarrúas. Ao remate, ás 17:30, será o pregón no local multiusos. Máis tarde, a partir das 20:00, continúa no local a festa cun dúo e despois, unha segunda sesión de teatro que rematará en máis baile coa orquestra La Ocaband. 

A tarde do luns 20 a partir das 17:00 é o momento máis esperado por moitos, cando sae o Oso da súa hibernación para percorrer as rúas de Salcedo e, coa axuda dos seus criados, barnar co seu feluxe a quen atope polo camiño. Anteriormente, sae o Oso pequeno para ir a polos máis novos. A festa do luns remata novamente no local multiusos cunha cea popular e as orquestras Compostela e Principal, todo a partir das 21:00.

O martes 25 aínda continúa a festa en Salcedo con animación para nenos a partir das 18:00 e despois, a partir das 19:00,actuación da orquestra Los Satélites e paellada popular. Quen asista pode participar no concurso de disfraces, no que ofreceranse premios en metálico por grupos de máis de 5 persoas (100€), parellas (50€) e individuais (25€). 

 

 

 

 

 

http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/nova/pobra-do-brollón-prepárase-para-celebración-do-entroido

 

 

Compartir