As celebracións comezan a tarde do sábado 18 de febreiro no centro da Pobra cun desfile de disfraces, comparsas e carrozas, e amenizado por unha charanga. O desfile sae do cruce da estrada de Saa ás 17:00. Ao remate haberá entrega de premios aos mellores deseños na Casa da Cultura ‘Olga Novo’.
A partir da noite do sábado, Salcedo pasa a ser o escenario principal do Entroido ata o fin das festas. Comézase coas tradicionais funcións de teatro nas que participan grupos de teatro afeccionado de nenos e adultos. As súas obras representaranse a partir das 22:00 no local multiusos de Salcedo. De seguido, haberá baile co dúo Sabor Latino.
Ao día seguinte, ás 17:00 do domingo 19, saen as figuras tradicionais de Madamas e Danzantes para percorrer Salcedo cun pasarrúas. Ao remate, ás 17:30, será o pregón no local multiusos. Máis tarde, a partir das 20:00, continúa no local a festa cun dúo e despois, unha segunda sesión de teatro que rematará en máis baile coa orquestra La Ocaband.
A tarde do luns 20 a partir das 17:00 é o momento máis esperado por moitos, cando sae o Oso da súa hibernación para percorrer as rúas de Salcedo e, coa axuda dos seus criados, barnar co seu feluxe a quen atope polo camiño. Anteriormente, sae o Oso pequeno para ir a polos máis novos. A festa do luns remata novamente no local multiusos cunha cea popular e as orquestras Compostela e Principal, todo a partir das 21:00.
O martes 25 aínda continúa a festa en Salcedo con animación para nenos a partir das 18:00 e despois, a partir das 19:00,actuación da orquestra Los Satélites e paellada popular. Quen asista pode participar no concurso de disfraces, no que ofreceranse premios en metálico por grupos de máis de 5 persoas (100€), parellas (50€) e individuais (25€).
http://www.concellodapobradobrollon.gal/gl/nova/pobra-do-brollón-prepárase-para-celebración-do-entroido