Skip to main content

Magosto popular en Momán

Arquivos adxuntos
Magosto popular en Momán
Ónde ten lugar
Quen organiza
Descripcion

Sociedade Recreativa de Momán organiza un magosto, en colaboración co concello de Xermade,  cunha comida popular que se celebrará a partir das 14:00 horas nas naves do Campo da Feira da parroquia.  A cita complementarase coa actuación musical do Dúo Bumerang e haberá dúas competicións que se disputarán entre os comensais, unha primeira de tute e outra de baile de salón, na que os participantes deberán demostrar o seu ritmo na pista de baile.
Os interesados en asistir deberan retirar os tickets para a comida antes desta xornada nos bares de Momán. O menú está composto de xamón cocido, chourizos, patacas cocidas e nabizas, pan, bebidas, castañas asadas, café e licor.  O prezo é de 15 euros.

Compartir