Sociedade Recreativa de Momán organiza un magosto, en colaboración co concello de Xermade, cunha comida popular que se celebrará a partir das 14:00 horas nas naves do Campo da Feira da parroquia. A cita complementarase coa actuación musical do Dúo Bumerang e haberá dúas competicións que se disputarán entre os comensais, unha primeira de tute e outra de baile de salón, na que os participantes deberán demostrar o seu ritmo na pista de baile.Os interesados en asistir deberan retirar os tickets para a comida antes desta xornada nos bares de Momán. O menú está composto de xamón cocido, chourizos, patacas cocidas e nabizas, pan, bebidas, castañas asadas, café e licor. O prezo é de 15 euros.