Skip to main content

Festa da castaña e do cogomelo

Arquivos adxuntos
Festa da castaña e do cogomelo
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaOurenseRiós
Descripcion

No Riós vense celebrando dende fai 11 anos a festa da castaña e do cogomelo co obxecto de enxalzar estes dous produtos típicos do outono e da zona.
Durante dous días do primeiro fin de semana do mes de novembro celébranse actividades de tipo cultural e gastronómico; charlas informativas sobre os castiñeiros, concurso gastronómico da castaña e do cogomelo, concurso fotográfico e stands expositivos con produtos artesáns da zona, embutidos, carne ecolóxica,...

A festa remata cunha comida-degustación popular, que o concello organiza destes dous produtos, que ano a ano conta con gran asistencia de comensais, tanto dos veciños do Concello coma de foráneos.

Compartir

feiras deputacion ourense