No Riós vense celebrando dende fai 11 anos a festa da castaña e do cogomelo co obxecto de enxalzar estes dous produtos típicos do outono e da zona. Durante dous días do primeiro fin de semana do mes de novembro celébranse actividades de tipo cultural e gastronómico; charlas informativas sobre os castiñeiros, concurso gastronómico da castaña e do cogomelo, concurso fotográfico e stands expositivos con produtos artesáns da zona, embutidos, carne ecolóxica,...
A festa remata cunha comida-degustación popular, que o concello organiza destes dous produtos, que ano a ano conta con gran asistencia de comensais, tanto dos veciños do Concello coma de foráneos.