Skip to main content

Festa da Pita en As Eiroás, Ourense

Arquivos adxuntos
Festa da Pita en As Eiroás, Ourense
Festa da Pita en As Eiroás, Ourense
Festa da Pita en As Eiroás, Ourense
Festa da Pita en As Eiroás, Ourense
Festa da Pita en As Eiroás, Ourense
Festa da Pita en As Eiroás, Ourense
Festa da Pita en As Eiroás, Ourense
Festa da Pita en As Eiroás, Ourense
Ónde ten lugar
Localidade: 
    Quen organiza
    Descripcion

    Programa 2018:

     

    Chega o Entroido á cidade de Ourense. E faino, un ano máis, no barrio das Eiroás coa celebración do Domingo Fareleiro, que abre unha nova edición da Festa da Pita (que xa suma 22 edicións). O día 9, dará comezo comezo a festa, contando coas benzóns e as licencias oportunas das autoridades do barrio e sabendo que este ano o Meco contará coas veciñas e veciños do barrio como asesores de imaxe. Será pouco antes do xantar, cando deamos saída á celebración do Entroido en todo o término municipal do concello de Ourense. Para alén da participación no desfile da cidade, o día 23, no desfile do CEIP Virxe de Covadonga, o día 21 ou doutras actividades promocionais e divulgativas, o programa deste ano nas Eiroás segue a tónica das edicións anteriores, consistindo no seguinte: 

    09/02  DOMINGO FARELEIRO
    Pola mañá
    Recepción do Meco polas autoridades do barrio
    Desde as 5 da tarde
    Farelo na praza, con música de Charanga SORCHA

     

    16/02  DOMINGO OLEIRO
    Ás 5 da tarde, máis ou menos
    Chegada das Olas á praza.
    Xogo das Olas con música de Charanga ALAMBIQUE

     

    22/02  SÁBADO de ENTROIDO
    Entre lusco e fusco.
    Folión do Entroido

     

    25/02  MARTES de ENTROIDO
    Pola mañá
    Pasa-rúas con máscaras e músicos

    13 h.
    Voda da Pita
    Xantar dos noivos (Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro) coa Charanga O EQUIPO B

    Pola tarde
    Baile de disfraces con Orquestra RÍO MIÑO
    Concursos e pasarelas de disfraces

    Apartir das 9 da noite
    Queima do Meco, coa Pirotecnia JOSMAN

     

    https://festadapita.wordpress.com/2020/02/08/programa-2020/#more-3398

    Compartir