Programa 2018:
Chega o Entroido á cidade de Ourense. E faino, un ano máis, no barrio das Eiroás coa celebración do Domingo Fareleiro, que abre unha nova edición da Festa da Pita (que xa suma 22 edicións). O día 9, dará comezo comezo a festa, contando coas benzóns e as licencias oportunas das autoridades do barrio e sabendo que este ano o Meco contará coas veciñas e veciños do barrio como asesores de imaxe. Será pouco antes do xantar, cando deamos saída á celebración do Entroido en todo o término municipal do concello de Ourense. Para alén da participación no desfile da cidade, o día 23, no desfile do CEIP Virxe de Covadonga, o día 21 ou doutras actividades promocionais e divulgativas, o programa deste ano nas Eiroás segue a tónica das edicións anteriores, consistindo no seguinte:
09/02 DOMINGO FARELEIROPola mañáRecepción do Meco polas autoridades do barrioDesde as 5 da tardeFarelo na praza, con música de Charanga SORCHA
16/02 DOMINGO OLEIROÁs 5 da tarde, máis ou menosChegada das Olas á praza.Xogo das Olas con música de Charanga ALAMBIQUE
22/02 SÁBADO de ENTROIDOEntre lusco e fusco.Folión do Entroido
25/02 MARTES de ENTROIDOPola mañáPasa-rúas con máscaras e músicos
13 h.Voda da PitaXantar dos noivos (Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro) coa Charanga O EQUIPO B
Pola tardeBaile de disfraces con Orquestra RÍO MIÑOConcursos e pasarelas de disfraces
Apartir das 9 da noiteQueima do Meco, coa Pirotecnia JOSMAN
https://festadapita.wordpress.com/2020/02/08/programa-2020/#more-3398