Skip to main content

I Recital de Coplas do Entroido en Lugo

Arquivos adxuntos
I Recital de Coplas do Entroido en Lugo
Cando ten lugar
Hora: 
18:00
Ónde ten lugar
Localidade: 
    Descripcion

     Salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (r/Quiroga Ballesteros, 1), a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG inicia con esta actividade unha nova andaina coa que percorreremos os camiños da literatura popular do Entroido.

    A Asociación Veciñal de Salcedo traerános dúas mostras dun dos Entroidos máis antigos e recoñecidos de Galicia, o desta parroquia do concello da Pobra do Brollón: 

    • Unha representación teatral mímica, coa presentación do “Disfrace de campo”.
    • As coplas de cego 

    Contaremos tamén coa participación de persoas -como é tradicional, baixo pseudónimos: "As chairegas de Sancovade", "O Coxilitranco da Pata do Medio", "A Carameleira" e "O Capador de galos"-, que ofrecerán coplas sobre a situación político-social. 

    O recital será gravado e os contidos catalogados e transcritos para pasar a formar parte do arquivo de literatura de tradición oral da AELG.

    Compartir