Salón de actos do Centro de Convivencia Uxío Novoneyra (r/Quiroga Ballesteros, 1), a Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG inicia con esta actividade unha nova andaina coa que percorreremos os camiños da literatura popular do Entroido.
A Asociación Veciñal de Salcedo traerános dúas mostras dun dos Entroidos máis antigos e recoñecidos de Galicia, o desta parroquia do concello da Pobra do Brollón:
Contaremos tamén coa participación de persoas -como é tradicional, baixo pseudónimos: "As chairegas de Sancovade", "O Coxilitranco da Pata do Medio", "A Carameleira" e "O Capador de galos"-, que ofrecerán coplas sobre a situación político-social.
O recital será gravado e os contidos catalogados e transcritos para pasar a formar parte do arquivo de literatura de tradición oral da AELG.