Skip to main content

Feira de Paiosaco (Laracha)

Localidad: 
  • EspañaGaliciaA CoruñaLaracha (A)
Lugar: 
campo da feira
Fecha: 
07/04/2024

O primeiro e terceiro domingo de cada mes, Paiosaco convértese no principal punto de encontro do comercio comarcal coa celebración da Feira de Paiosaco.

Celébrase no Campo da Feira (marxe dereito da C-552) e é unha das máis importantes e concorridas da bisbarra de Bergantiños.

A ela acode un elevado número de vendedores ambulantes -non só da Laracha, tamén doutros lugares da provincia da Coruña- que ofrecen ao numeroso público unha gran variedade de produtos: calzado, roupa, obxectos decorativos, produtos alimenticios como carne, pan, queixos...