Feira de Paiosaco (Laracha)
Localidade:
- España›Galicia›A Coruña›Laracha (A)
Lugar:
campo da feira
Fecha:
18/08/2024 O primeiro e terceiro domingo de cada mes, Paiosaco convértese no principal punto de encontro do comercio comarcal coa celebración da Feira de Paiosaco.
Celébrase no Campo da Feira (marxe dereito da C-552) e é unha das máis importantes e concorridas da bisbarra de Bergantiños.
A ela acode un elevado número de vendedores ambulantes -non só da Laracha, tamén doutros lugares da provincia da Coruña- que ofrecen ao numeroso público unha gran variedade de produtos: calzado, roupa, obxectos decorativos, produtos alimenticios como carne, pan, queixos...