Skip to main content

Romaría Virxe da Saleta, Silleda

Arquivos adxuntos
Romaría Virxe da Saleta, Silleda
Cando ten lugar
Data: 
18/09/2024 - 19/09/2024
Ónde ten lugar
Localidade: 
  • EspañaGaliciaPontevedraSilleda
Quen organiza
Organiza: 
Descripcion

Esta romaría toma seña de identidade o día 26 de xuño de 1864 co traslado a hombros  da escultura da Virxe da Saleta  dende Santiago,  costeada pola familia Rivas do Pazo de Sestelo. Este feito conmemoraba a aparición da Virxe no lugar de La  Salette nos Alpes franceses   o día 19 de setembro de 1846.

Actos:  A romaría da Saleta ten lugar durante os días 18 e 19 de setembro, se ben  todo comenza nove días antes  do  principal coa celebración dun novenario e  procesión das antorchas de moita devoción e vistosidade. O día grande  é o 19 de setembro, cando teñen lugar misas durante todo o día, destacando a solemne concelebrada e cantada pola Coral P. Trasdeza ao mediodía no anfiteatro exterior con exposición da imaxe da Saleta e posterior procesión.

Resaltar que este centro de irradiación mariana sempre trouxo moitos romeiros para pedir milagros e favores,  que segundo constan en documentos e ofrendas se concederon a centos.

De aí que se crearon toda sorte de acitividades paralelas,  entre as que cabe destacar as ceas do día 18 e xantar do 19,  que se producían entre a cantidade de visitantes que procedentes de infinidade de puntos de toda Galicia durmían nos arredores. Hoxe, a tradición continúa, sendo un punto de encontro para tódolos veciños das parroquias lindantes que non deixan pasar estas datas sen facer a visita obrigada.

Compartir