Culturgal é o fogar da cultura galega. Unha gran casa construída entre os distintos gremios da cultura: libro, creación audiovisual, artes escénicas, música, deseño, internet e novas tecnoloxías. Un fogar coas portas e ventás abertas sempre cara á sociedade
A Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) referenda en 2011 o seu apoio económico a Culturgal, a feira das industrias culturais que celebra a súa cuarta edición do 2 ao 4 de decembro en Pontevedra e da que a entidade da Consellería de Cultura e Turismo é a principal patrocinadora cunha achega de máis de 200.000 euros.