Galicia abre en Oporto un restaurante efímero con oito estrelas Michelin e 20 soles Repsol
 O restaurante efímero Nave Nove, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove, abreu as súas portas na cidade de Oporto para promover a enogastronomía galega durante o outono. Desde hoxe e ata o vindeiro 17 de novembro, os cociñeiros do grupo realizarán as súas creacións neste establecemento temporal situado no Hotel Carrís Porto Ribeira.
O restaurante efímero Nave Nove, froito da colaboración entre a Xunta de Galicia e o Grupo Nove, abreu as súas portas na cidade de Oporto para promover a enogastronomía galega durante o outono. Desde hoxe e ata o vindeiro 17 de novembro, os cociñeiros do grupo realizarán as súas creacións neste establecemento temporal situado no Hotel Carrís Porto Ribeira.A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de preapertura dirixido a prensa estranxeira e portuguesa onde se recreou a esencia de Nove a través do menú degustación que se ofrecerá a todos os clientes e que está elaborado polos 22 chefs do grupo para exportar a alta cociña galega no mercado portugués e favorecer así a internacionalización da oferta enogastronómica galega.
Nave Nove ofrece servizo de ceas de martes a domingo cun único menú degustación que consta de nove pasos: un apetitivo, dous entrantes, dous pescados, dúas carnes e dúas sobremesas. Poderase optar por incluír un maridaxe de vinos.
O restaurante itinerante permitirá reunir nunha única iniciativa 22 chefs de prestixio que suman oito Estrelas Michelín e 20 Soles Repsol e funcionará como embaixador da gastronomía galega en Portugal.
Con esta iniciativa, a Xunta promove a internacionalización e desestacionalización do destino galego nun mercado de gran potencial como o portugués, o primeiro mercado internacional para Galicia e que recibe numerosos turistas estranxeiros.
Xunta de Galicia
  
 Galego
 Galego Español
 Español
