Galicia abre en Oporto un restaurante efímero con oito estrelas Michelin e 20 soles Repsol

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, participou no acto de preapertura dirixido a prensa estranxeira e portuguesa onde se recreou a esencia de Nove a través do menú degustación que se ofrecerá a todos os clientes e que está elaborado polos 22 chefs do grupo para exportar a alta cociña galega no mercado portugués e favorecer así a internacionalización da oferta enogastronómica galega.
Nave Nove ofrece servizo de ceas de martes a domingo cun único menú degustación que consta de nove pasos: un apetitivo, dous entrantes, dous pescados, dúas carnes e dúas sobremesas. Poderase optar por incluír un maridaxe de vinos.
O restaurante itinerante permitirá reunir nunha única iniciativa 22 chefs de prestixio que suman oito Estrelas Michelín e 20 Soles Repsol e funcionará como embaixador da gastronomía galega en Portugal.
Con esta iniciativa, a Xunta promove a internacionalización e desestacionalización do destino galego nun mercado de gran potencial como o portugués, o primeiro mercado internacional para Galicia e que recibe numerosos turistas estranxeiros.
Xunta de Galicia