Skip to main content

Novas

  • O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) fixo público hoxe o cartel de espectáculos, mesas redondas e actividades formativas da súa undécima edición, que ofrecerá do 4 ao 14 de outubro unha quincena de montaxes de cinco países, así como o IV Encontro Mulleres Creando e o curso O xogo, motor da creación. A organización do festival mantén un forte compromiso co teatro feito en Galicia, coas actuacións da compañía de circo IO, de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), de Trécola e de Matarile Teatro, que estrea no FITO Os limóns, a neve e todo o demais.
  • A Cidade da Cultura de Galicia festexará a tarde do sábado 27 de outubro o seu xa consolidado ‘Magosto no Gaiás’. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica con tanto arraigo na cultura popular galega, non só se contará coas imprescindibles castañas —asadas ou como ingrediente principal en petiscos— senón que se adobiará a festa cos ritmos enxebres e enérxicos de Xosé Lois Romero & Aliboria, tanto no concerto co que se lle porán música a esta cita tradicional do outono, como no obradoiro de percusión con tarrañolas, que impartirá o mesmo músico antes da súa actuación no escenario do Museo Centro Gaiás.
  • A Mobile World Capital Barcelona (MWCapital) aposta por Galicia e pola cidade da Coruña para celebrar o seu primeiro evento fóra de Cataluña. Entre o 21 e 28 de novembro, Mobile Week Coruña ofrecerá unha programación transversal e gratuíta en máis de 20 espazos ao longo dos 10 distritos da cidade da Coruña, a súa área metropolitana e a Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela. Relatorios, charlas mesas redondas, demostracións, exposicións de arte, talleres e xornadas infantís, entre outras, darán lugar a abordar os retos, os límites e as oportunidades de transformación dixital.
  • O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo desvelou hoxe a programación da súa vixésimo sétima edición, que do 28 de setembro ao 31 de outubro desenvolverá 41 espectáculos e diferentes accións paralelas arredor da exhibición e da formación escénica. O Pazo da Cultura, principal sede do FIOT, acolleu esta tarde a presentación da que é unha das citas máis importantes da nova temporada teatral, tanto por volume de actividade como por número de días de celebración. Entre as compañías programadas figuran moitos nomes imprescindibles da escena actual.
  • Deste xeito, únese á festividade do Apóstolo Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de Ferrol, as Fogueiras do San Xoán da Coruña e a Festa da Arribada de Baiona. A Festa do Albariño de Cambados é unha das celebracións vitivinícolas máis antigas de Galicia e a segunda de España, e conseguiu afianzarse nos últimos anos como gran expoñente do potencial enogastronómico da Comunidade.
  • Galicia será o territorio convidado do programa Showcase Scotland 2019, que se desenvolverá ao abeiro da 26ª edición do Celtic Connections de Glasgow (Escocia), un dos festivais musicais de inverno máis relevantes do panorama internacional e o máis destacado no ámbito dos sons celtas. A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), impulsa esta iniciativa para garantir a actuación de seis grupos ou solistas galegos como parte desta programación, que terá lugar do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro e estará aberta tanto ao público xeral como aos delegados internacionais acreditados.
  • Presentouse este martes no Salón de Actos da Deputación Provincial de Lugo a 40ª Semana Internacional de cine de autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, dende o 10 ao 15, e dende 17 ao 21 de setembro. Asistiron o Deputado de Relacións Institucionais, Álvaro Santos Ramos; a Concelleira de Cultura, Carmen Basadre Vázquez; Ramón Carballo, Xefe Territorial de Prsidencia da Xunta de Galicia en Lugo; a Vicerreitora do Campus de Lugo da USC, Montserrat Valcárcel Armesto, ao Presidente do Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, Xulio Xiz Ramil, o Director da Semana Internacional de cine de autor, Manuel Curiel Fernández. Nesta 40ª edición, participarán un total de 165 cintas de diferentes países.
  • Presentouse onte o Desfile dos Entroidos, un pasarrúas que o 8 de setembro percorrerá as rúas do casco vello de Santiago de Compostela cos personaxes de 13 entroidos, varios dos cales participaron no acto para dar a coñecer este evento. Galicia conta con nove entroidos recoñecidos como festa de interese turístico. Dous deles, Xinzo de Limia e Verín, acadaron a declaración como festa de Interese Turístico Nacional, mentres que outros sete son de Interese Turístico de Galicia: Viana do Bolo, Cobres, Laza, Manzaneda, Xenerais da Ulla, Maceda e Vilariño de Conso.
  • Na súa 32ª edición, o Festival Noroeste Estrella Galicia continuou o seu ascenso de popularidade para converterse nunha das citas estatais musicais imprescindibles do verán. Cun modelo de festival de rúa, que aposta pola cultura próxima e de calidade, sen esquecer as figuras internacionais, a cita coruñesa conquistou nesta ocasión a máis de 90.000 persoas. Coa cidade como un escenario máis, chamado a ocupar un papel protagonista, o festival converteuse nun dos eventos urbanos máis importantes da península, atraendo a atención de miles de persoas, coruñesas e visitantes en busca dunha experiencia musical e cultural completa.
  • O reguetón feminista e combativo das madrileñas Tremenda Jauría suporán este sábado, día 18, un divertido e comprometido alfinete festeiro para pechar o Atardecer no Gaiás de 2018. Precisamente, este ciclo de concertos do verán, ao aire libre e de balde caracterizouse nesta edición por contar cun especial peso das voces femininas —maioría entre as súas 21 actuacións— e concedeulle máis espazo as cada vez máis emerxentes músicas urbanas. Para este gran fin de festa, a banda despregará tamén o seu repertorio de merengue-punk ‒contan cunha atrevida versión neste rexistro de La línea del frente de Kortatu‒e electro-cumbia con ritmos tropicais e letras sociais.