Skip to main content

Noticias

  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto da Consellería de Emprego, Comercio e Emigración polo que se determinan as festas da Comunidade Autónoma de Galicia do calendario laboral para o ano 2025 e no que se fixan como festivos propios o Día das Letras Galegas (17 de maio) e o Día Nacional de Galicia (25 de xullo). O calendario publícase tras o visto bo do Consello da Xunta e unha vez o Consello Galego de Relacións Laborais emitiu o correspondente ditame. A normativa estatal, fixada polo Real Decreto 2001/1983, establece as 14 festas anuais de ámbito nacional non recuperables, remuneradas e de carácter obrigatorio. Destes 14 festivos, dous son elixidos por cada concello.
  • O Morriña Festival terá lugar o 26 e 27 de xullo e contará coas actuacións xa o mesmo venres de Louis Tomlinson, Editors, Nicki Nicole, Iván Ferreiro, Dani Fernández, Juan Magán, Sen Senra, Dorian, Marlena e Enol. O sábado 27 de xullo será a quenda de Aitana, Lola Índigo, La La Love You, Yandel, Iñigo Quintero, Dei V, Pedro Capó, Malmö 040, Dollar Selmouni, Yeico x Troni, Garabatto, Tashi e Toni Seijas. Trátase dun festival promovido por seus Bring the Noise, xa consolidado no noso panorama musical, e considerado o festival urbano máis grande de España, e que chega á súa terceira edición avalado polas boas cifras do ano pasado con máis de 15.000 espectadores cada un dos días.
  • A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, respondeu esta tarde a unha pregunta oral no Parlamento sobre a loita contra a LGTBIfobia. Durante a súa intervención, anunciou que a Xunta de Galicia instalará puntos lila e arcoiris nos principais festivais do verán: Portamérica (Portas), Festival Internacional do mundo celta de Ortigueira, Atlantic Fest (Vilagracía de Arousa), Morriña Fest (A Coruña), Río Verbena (Pontevedra) e Caudal Fest (Lugo). Fabiola García destacou a boa acollida do punto lila e arcoiris do Son do Camiño, en Santiago, que foi o primeiro festival en contar con este servizo.
  • O Festival IKFEM, centrado na música relacionada cos instrumentos de teclado, celebra a súa 12ª edición do 17 ao 21 de xullo en Tui e Valença do Minho. O evento transfronteirizo, que une o talento artístico da península contará con actuacións en enclaves de especial interese patrimonial como a Igrexa de Santo Domingo de Tui. Nesta edición o certame ofrecerá concertos únicos como os protagonizados polo cantautor Salvador Sobral xunto co pianista Marco Mezquida ou a soprano María Hinojosa co galego Daniel Pereira ao teclado.
  • A Secretaría de Estado de Turismo vén de emitir a resolución pola que se concede a declaración de Interese Turístico Nacional á Festa da Filloa de Lestedo, en Boqueixón. Con este recoñecemento, Galicia suma xa 10 festividades con este recoñecemento. A Festa da Filloa de Lestedo súmase así ás outras nove que xa contan con este recoñecemento: a Romaría de Nosa Señora da Barca (Muxía), as Carrilanas de Esteiro (Muros), as festas do San Froilán (Lugo), a Feira do Bonito (Burela), a Festa da Historia (Ribadavia), o Entroido de Verín. Tamén a Festa do Marisco do Grove, as Festas de San Roque (Vilagarcía de Arousa) e a Festa da Reconquista (Vigo).
  • O evento está declarado de interese turístico galego e o seu principal atractivo é o belén electrónico con figuras animadas, que pode visitarse ata finais de xaneiro no centro cultural José Domínguez Guizán. Do 23 de decembro ao 7 de xaneiro estará aberto todos os días, de 11 a 13 horas e de 16 a 19 horas. Durante as restantes semanas abrirá sábados, domingos e festivos pola tarde. Paralelamente, convócanse o XXXIV Certame galego de arte José Domínguez Guizán, e o Certame nacional de poesía sobre o Nadal, o Certame xornalístico Begonte e o Nadal, e o Certame de debuxo infantil sobre o Nadal, que alcanzan xa a súa cuadraxésimo oitava edición.
  • No programa de actividades inclúense 12 obradoiros de iniciación a diferentes oficios como a cestería, a carpintería, o bordado, a estampaxe ou a ourivería e técnicas coma o macramé, para os que é necesaria realizar unha inscrición previa na web da Fundación Artesanía de Galicia, e oito talleres gratuítos e abertos a todos os públicos que se acheguen ata Folgoso do Courel durante estes cinco días. As actividades desenvolveranse no Centro Sociocultural Fondo de Vila (Folgoso) e en Froxán, en horario de 10:30 a 13:30 horas e de 16:00 a 18:00 horas, así como en tres localizacións da aldea de Parada: a sede da Fundación Uxío Novoneyra, a antiga escola unitaria e mais o aloxamento rural A Carbiña. O horario das actividades de Parada será de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 18:00 horas.
  • A decena de grupos e artistas que conformen o cartel definitivo do Focus Galicia 2023 ofrecerá actuacións de 30 minutos que se desenvolverán en distintas localizacións da xeografía autonómica a través dun programa deseñado á medida do perfil dos visitantes. Esta descentralización da actividade ten como obxectivo achegarlles valor engadido ás propostas musicais, logrando un escaparate singular para difundir a creatividade dos artistas participantes. Focus Galicia preséntase así como un evento de experiencias de identificación da música e do territorio onde se desenvolve, para brindarlles aos programadores de festivais e circuítos internacionais unha visión de conxunto sobre a creatividade do noso sector musical.
  • Presentouse a programación do Corazón da Artesanía - Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que celebrara a súa décima edición os días 7, 8 e 9 de xullo no recinto histórico dos Pendellos de Agolada (Pontevedra). O Corazón da Artesanía é un evento integral destinado a divulgar os oficios artesanais, a impulsar a comercialización da marca Artesanía de Galicia e doutros produtos gourmet de calidade, así como buscar sinerxías entre artesanía e outros sectores como a arquitectura, o deseño ou a gastronomía. En horario de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:30 horas e durante tres días, o Corazón da Artesanía xuntará tradición e vangarda nun encontro único.
  • Como cada ano, a Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia acolle catro salóns paralelos co Salón de Alimentación do Atlántico (Salimat Abanca), a Feira de caza, pesca e natureza (Fecap Abanca), o Salón Turístico de Galicia (Turexpo), e a Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) que se converten nos mellores escaparates do carácter punteiro galego en cada un destes sectores. A eles súmanse eidos como a gandería, o enerxético a través da biomasa, o da maquinaria agrícola ou o das mascotas. O evento prolóngase ata o domingo 11, con acceso de balde.