Skip to main content

Noticias

  • O programa de coproducións do Centro Dramático Galego (CDG) presenta a vindeira fin de semana en Santiago a estrea galega de Anarquismos (polo medio da habitación corre un río máis claro), espectáculo escrito e dirixido por Pablo Fidalgo, que se representará no Salón Teatro do 2 ao 4 de novembro, con funcións ás 20,30 h. o venres e sábado e ás 18,00 h. o domingo. Trátase da terceira coprodución da compañía pública que sube ao seu escenario neste inicio da temporada 2017-2018, que arrancou coa estrea de Arnoia, Arnoia. O circo da casa pequena, de Pistacatro, á que seguiu o regreso de Elisa e Marcela, de A Panadaría.
  • A edición de 2018 de Womex (World Music Expo) arranca hoxe nas Palmas de Gran Canaria, onde a música galega soará en directo da man de Sumrrá. O trío actuará o venres á noite no Auditorio Alfredo Kraus como parte do cartel da sección Atlantic Connections, dedicado á música dos territorios conectados polo Atlántico. Considerado o maior acontecemento internacional para a difusión da música tradicional e de raíz de todo o mundo, Womex regresa este ano a España despois da súa última edición de 2017 en Katowice (Polonia) e de que levara a cabo dúas entregas anteriores en Santiago de Compostela.
  • Máis de 90.000 espectadores e 340 actuacións escénicas e musicais en 103 concellos de Galicia é o primeiro balance do ciclo Cultura no Camiño, que arrancou o pasado mes de abril e que pecha hoxe a súa programación cun concerto do grupo Treixadura, en Valga, ao que asistirá o conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Esta iniciativa, que vai xa pola súa sexta edición, está promovida pola Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic) e Turismo de Galicia, e volveu contar, ademais, co patrocinio de Gadis.
  • Seis concertos de recoñecidos artistas nacionais e internacionais completarán este outono a programación de O Son do Camiño 2018, o festival co que Galicia promove a celebración do Xacobeo 2021. Despois de que o festival tivera lugar en Santiago de Compostela, as novas citas musicais ampliarán o seu alcance ao resto de cidades da Comunidade, situadas en diversos itinerarios xacobeos. As seis citas terán lugar ao longo dos meses de outubro e novembro, cunha proposta que dá continuidade ao festival, celebrado con gran éxito, pois ao longo de tres xornadas congregou a 84.000 asistentes de 12 países no revitalizado Parque Monte do Gozo.
  • O Festival Internacional de Teatro de Ourense (FITO) fixo público hoxe o cartel de espectáculos, mesas redondas e actividades formativas da súa undécima edición, que ofrecerá do 4 ao 14 de outubro unha quincena de montaxes de cinco países, así como o IV Encontro Mulleres Creando e o curso O xogo, motor da creación. A organización do festival mantén un forte compromiso co teatro feito en Galicia, coas actuacións da compañía de circo IO, de A Panadaría en coprodución co Centro Dramático Galego (CDG), de Trécola e de Matarile Teatro, que estrea no FITO Os limóns, a neve e todo o demais.
  • A Cidade da Cultura de Galicia festexará a tarde do sábado 27 de outubro o seu xa consolidado ‘Magosto no Gaiás’. Para celebrar esta cita cultural e gastronómica con tanto arraigo na cultura popular galega, non só se contará coas imprescindibles castañas —asadas ou como ingrediente principal en petiscos— senón que se adobiará a festa cos ritmos enxebres e enérxicos de Xosé Lois Romero & Aliboria, tanto no concerto co que se lle porán música a esta cita tradicional do outono, como no obradoiro de percusión con tarrañolas, que impartirá o mesmo músico antes da súa actuación no escenario do Museo Centro Gaiás.
  • A Mobile World Capital Barcelona (MWCapital) aposta por Galicia e pola cidade da Coruña para celebrar o seu primeiro evento fóra de Cataluña. Entre o 21 e 28 de novembro, Mobile Week Coruña ofrecerá unha programación transversal e gratuíta en máis de 20 espazos ao longo dos 10 distritos da cidade da Coruña, a súa área metropolitana e a Cidade da Cultura, de Santiago de Compostela. Relatorios, charlas mesas redondas, demostracións, exposicións de arte, talleres e xornadas infantís, entre outras, darán lugar a abordar os retos, os límites e as oportunidades de transformación dixital.
  • O Festival Internacional Outono de Teatro (FIOT) de Carballo desvelou hoxe a programación da súa vixésimo sétima edición, que do 28 de setembro ao 31 de outubro desenvolverá 41 espectáculos e diferentes accións paralelas arredor da exhibición e da formación escénica. O Pazo da Cultura, principal sede do FIOT, acolleu esta tarde a presentación da que é unha das citas máis importantes da nova temporada teatral, tanto por volume de actividade como por número de días de celebración. Entre as compañías programadas figuran moitos nomes imprescindibles da escena actual.
  • Deste xeito, únese á festividade do Apóstolo Santiago, a Romaría Vikinga de Catoira, o Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, a Rapa das Bestas de Sabucedo (A Estrada), o Corpus Christi de Ponteareas, a Semana Santa de Viveiro, a Semana Santa de Ferrol, as Fogueiras do San Xoán da Coruña e a Festa da Arribada de Baiona. A Festa do Albariño de Cambados é unha das celebracións vitivinícolas máis antigas de Galicia e a segunda de España, e conseguiu afianzarse nos últimos anos como gran expoñente do potencial enogastronómico da Comunidade.
  • Galicia será o territorio convidado do programa Showcase Scotland 2019, que se desenvolverá ao abeiro da 26ª edición do Celtic Connections de Glasgow (Escocia), un dos festivais musicais de inverno máis relevantes do panorama internacional e o máis destacado no ámbito dos sons celtas. A Xunta, a través da Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic), impulsa esta iniciativa para garantir a actuación de seis grupos ou solistas galegos como parte desta programación, que terá lugar do 30 de xaneiro ao 3 de febreiro e estará aberta tanto ao público xeral como aos delegados internacionais acreditados.